Nace a revista Luzes

«”Estamos un tanto a escuras (…) Nós pensamos que o que vemos non nos gusta, ou nos nos recoñecemos niso (…) Pretendemos unha publicación que recolla a mellor tradición do xornalismo. Aquel que estabelece que as historias hai que contalas tal como foron e co alento que se precise, non como conveña ou onde caiban”. Está a piques de nacer un novo medio informativo en Galicia: chámase Luzes, será mensual, editarase en papel, en galego, e verá a luz en outono. Esta tarde presentouse na Feira do Libro da Coruña o seu número 0, un exemplar, un prototipo que se podía ver “e tocar”, como ben salientou algún dos seus responsables, unha mostra dun proxecto aínda aberto, en marcha, pendente de recibir novos apoios e achegas, pero xa moi avanzado.

Entre os nomes que xa impulsan a revista atopamos de forma moi destacada a Xosé Manuel Pereiro, Iago Martínez e Manuel Rivas; o proxecto gráfico é responsabilidade de Antonio Doñate e Xosé Carlos Hidalgo; e tamén se conta coa colaboración de Hércules Ediciones e Tórculo. O comité de redacción está formado, inicialmente, por Belén Regueira, José Manuel Sande, Juan Janeiro, Antón Lado, Manuel M. Barreiro, Tati Mancebo, Julio Gómez e María Yáñez. E o Consello Editorial confórmano Fermín Bouza, Lino Braxe, Xabier Seoane, Antón Patiño, Jonathan Dunne, Martine Silber, Ramón Chao, Débora Campos, Xoán Antón Pérez-Lema e Suso Iglesias […]» {Ler máis en Praza Pública}

O rexistro en streaming foi de Tati Mancebo.

Share

Medo do reintegracionismo?

O pobo abandona o galego, e isto semella por momentos unha realidade inexorábel. Despois da noite escura da ditadura, nos seguintes trinta anos foron criadas institucións, televisións, radios, ensino en galego e, para favorecer o desenvolvemento dunha modesta industria cultural, deixouse de lado a sempiterna discusión sobre a norma escrita. Deixouse caer, digamos, para o lado menos atrevido: tratábase de conservar a pouca normalidade que o galego podía ofrecer mostrándose como, non sen algunhas variacións, se tiña publicado na maioría da produción bibliográfica e académica dos anos anteriores. Porque mudar a lingua mediante a recuperación dunha grafía histórica na actualidade vinculada a un idioma estranxeiro era ousadía que só un grupo de arroutados mozos e un par de vellos tolos eran capaces de propor. Ao mesmo tempo, existían beneficios evidentes para un alto o fogo normativo: a industria cultural podería desenvolverse e a intelectualidade máis ousada podería traballar desfrutando dunha certa normalidade que a todos había beneficiar. E existindo esta normalidade, aos poucos o pobo había de ir perdendo os prexuízos lingüísticos e pasaría a valorizar unha lingua propia que así iría perdendo o estigma milenario que a condenaba ao abandono dos fillos que durante séculos amamentou. Para rubricar o conto, unha Lei de Normalización Lingüística saíu do mandil da dereita posfranquista, como un compromiso firme dos poderes fácticos co xogo limpo da democracia. Read More

Share

Novos retos para Iago Martínez

Iago Martínez: «Xornal de Galicia xa non existe e de Xornal.com queda apenas un simulacro. Dá igual o que dure. Non hai xornalistas detrás dos titulares. Ningún. É unha pantasma. Doe.

A liquidación levou por diante moitas cousas, unhas importantísimas e outras menos. Entre as miúdas estaba Deliberadamente. Nunca dei actualizado aquel blog. Desta vez prometo ser puntual.»

Iago, que ofrece desde hai tempo unha pluma imprescindíbel no ámbito da cultura, confírmanos que aceita os novos retos que a actualidade a tantos reclama: máis atención, máis colaboración na rede e todo o talento. Porque dos defectos das políticas culturais e económicas han de nacer as nosas virtudes.

Share

“CONTRA A MORTE – Unha aproximación a Lois Pereiro”, por Alexandre Cancelo e Iago Martínez

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/oo2E9fs_ts8" width="425" height="350" wmode="transparent" /] “Un achegamento á figura poética e humana de Lois Pereiro, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas de 2011.”
Dirección: Alexandre Cancelo e Iago Martínez.
Produtora: Ignacio Benedeti Cinema S.L.
Titulo orixinal: Contra a morte.
Tipo: Documental.
Xénero: Biográfico.
Duración: 70′

O traballo foi presentado durante o Achegarte 2011 na Coruña.

Share

Que é para dona Xunta un autor en galego?

A entrevista de Iago Martínez a Francisco López-Barxas, Director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, para Xornal de Galicia é realmente esclarecedora da política cultural que nos espera desde o goberno galego. Sobre todo se temos en conta que o director xeral é probabelmente unha das poucas persoas do PP que pode demostrar algún vencellamento persoal serio coa cultura galega. Aquí un resumo das palabras que máis me chamaron a atención:

1. «É evidente que Valle-Inclán non pertence á literatura galega, pero si á cultura galega. Galicia é ás veces máis coñecida internacionalmente por autores que escriben en castelán que pola obra de escritores que escriben, ou escribimos, en galego. […] Non esquezamos que quen fixo máis polo libro catalán foron os autores de alí que escriben en castelán. […] Dáme igual Valle-Inclán ou Camba ou Pardo Bazán ou Fernández Flórez. Falo de escritores universais que empregaron exclusivamente o castelán. […] Non quero que haxa dúbidas: para min, a única literatura galega é a literatura escrita en galego».

Entendo eu que se apoiará o libro galego, non a literatura galega. O que importa é a universalidade que a Galiza atinxe através das obras, facto que se consigue en castelán. Estes argumentos, incluída a tetraloxía de autores, lembran demasiado os do ultranacionalista R. B. Valdés cando despreza desde LVG as particularidades culturais da España “rexional”, que segundo el debían ocultarse con doentía modestia e humildade insalubre para mellor divulgación do único e grande tesouro cultural español. Porén, esta actitude é profundamente antiespañola, desde que se fundamenta no rexeitamento da fascinante variedade de recursos inmateriais de España, tencionando a súa desaparición mediante unha política fundamentalista, en que o fundamental é o escrito en castellano: «Quizá si Camba, en lugar de haber escrito en castellano, lo hubiera hecho en gallego —o en cualquier otra lengua regional— hace ya mucho que la Xunta o la comunidad correspondiente hubieran venido en su socorro para reeditar sus obras con todo lujo de detalles.»

2. «A nós, que estamos en contacto permanente cos distintos sectores da cultura, pareceríanos  estupendo que houbese unha especie de acordo para poder impulsar unha institución deste tipo [Instituto Cervantes]».

Semella que se apoiaría unha institución oficial para a divulgación internacional da cultura galega. Agora habería que saber se só para obra en galego ou tamén para obra en castelán, a de valor autenticamente universal (cfr. 1 supra). E quen tería que chegar a un acordo, a RAG e o Consello da Cultura Galega ou quen máis?

3. «Os meus pais escolarizáronme en castelán porque crían que era a lingua culta. Entre eles falaban en galego, pero aos fillos falábanlles en castelán. Pero cando eu saía ao recreo no colexio falaba galego, porque os meus compañeiros tamén o falaban. Iso non me impediu falar a miña lingua e chegar a utilizala xa de adulto para dirixirme aos máis pequenos. O decreto que tanto se ataca, precisamente porque permite esa liberdade, non vai facer desaparecer o idioma. Vaino facer máis forte».

A cousa aquí fica clara: a lingua dos galegos é o galego, aínda que só sexan escolarizados en castelán. O importante é falar o que fala a maioría no recreo, xa que determina en que acabará escribindo un autor de literatura infantil. Esta fórmula, defendida no decreto do PP, sen dúbida fará máis forte a lingua galega.

4. «Esta dirección xeral non está para organizar nada, senón para colaborar con aqueles que organicen as cousas, para apoialos. É a nosa política. […]  Se Culturgal pertence aos editores, que sexan os editores os que o organicen. Nós estaremos aí para colaborar. Nunca nos opuxemos a que se celebrase a feira».

Finalmente descubrimos os feitos certos: o Culturgal 2009 non se fixo porque os editores non quixeron organizar a feira.

Share