Dende o azul 24

Dende o azul 24_InmaDovalO melhor de convidar a jantar boas e agradecidas artistas como Inma Doval é a sensação de ter feito, nestes tempos tão miseráveis, um bom negócio. O da quinta passada já tem marco, um muito antigo feito pelo meu avô, um homem que partiu das terras de Trás-Deça nos anos quarenta para trabalhar como carpinteiro na Corunha; participou na construção do Hotel Embajador, hoje Deputación da Coruña, e afinal remorfou-se como trabalhador da fábrica de armas da cidade.

A obra intitula-se Dende o azul 24. É um óleo de motivos vegetais com um cromatismo sóbrio mas muito contrastado. Gosto dessa floresta sanguina que se confunde na névoa.

Share

Exposición e recital no “Local dipoñible – Almacén cultural”

Tati Mancebo. Fotografía de Xacobe Meléndrez. Obras do fondo de Ada PortoRevisión 17/12/2013: «O sábado 14 de decembro tivo lugar a primeira actividade dentro do proxecto Local dispoñible, almacén cultural. Case un centenar de persoas puideron desfrutar do recital de poesía dos membros do Grupo Surrealista Galego.

Alfredo Ferreiro. Fotografía de Xacobe Meléndrez. Obras do fondo de Ada PortoXoán Abeleira comezou a súa intervención presentando o grupo e rompeu o xeo cun audio no que el mesmo recitaba mentres Alberto Laso acompañaba coa música. Alfredo Ferreiro deu un bo avance do seu novo poemario Teoría das ruínas, aínda inédito e Tati Mancebo agradeceu a Raúl Doval o tempo pasado como docente na Academia Roma, que durante moitos anos estivo neste local. Seguiu François Davo, que repartiu versos manuscritos en tarxetas postais, conseguindo así a intervención do público, Begoña Paz, con poemas que pasaron veloces como raiolas de luz, moi fermosos e pechou Ramiro Torres que recitou poemas do seu libro Esplendor arcano. Despois todas e todos compartimos un viño, conversa e visitamos as salas nas que están expostas as obras de Xacobe Meléndrez, Ada Porto e Inma Doval, fotografía, pintura, gravado e escultura.» {Colectivo Arteu}

Share

Manifesto III Enarborar o bosque: pola defensa de Corcoesto

Manifesto
“Creadoras e creadores galegos- músicos, poetas, artistas plásticos e e visuais, actrices e actores, magos… co apoio de colaboracións internacionais, xuntámonos o día 1 de xuño , data próxima ao día mundial do medio ambiente, na Carballeira de Santa Mariña – Corcoesto, Cabana de Bergantiños, para amosar un ano máis o noso compromiso coa conservación da Natureza, e neste 2013 fixamos a nosa mirada no forte impacto das explotacións mineiras en Galicia, especialmente as que se realizan a ceo aberto.
O proxecto de Edgewater Exploration Ltd de explotar unha mina de ouro a ceo aberto en Bergantiños representa o máximo expoñente desta ameaza no noso territorio. Pero non hai que esquecer  as explotacións xa en desuso  como as de lignitos en Meirama e As Pontes de García Rodriguez, rexeneradas con proxectos sinxelos e baratos para as empresas pero ambientalmente incorrectos, xa que se optou por enchelas de auga. Lembramos tamén as máis activas neste momento, as de rochas ornamentais, nomeadamente granito e lousa, nos lindes de espazos de grande valor ambiental que no segundo dos casos mesmo sepultan vales enteiros das serras do Courel e Pena Trevinca, provocando unha situación de deterioro irreversible, que chegou a condicionar a delimitación destes Espazos da rede Natura 2000. […] Ler mais
Share

“Medre o mar!”: homenaxe a Bernardino Graña

 

«Medre o mar! é o título dunha homenaxe nacional a Bernardino Graña que se celebrará na Coruña o sábado 1 de setembro, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e o Colectivo ArTeu, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Real Academia Galega. O programa está composto polas seguintes actividades:

MIRANDO O MAR. No Parque da Torre de Hércules, zona dos menhires.
11:00 h. Os artistas crean arredor da obra do poeta, sendo expostas pola tarde no patio da Reitoría (Maestranza) da Universidade. Con: Carlos Botana, Carmen Cierto, Alfonso Costa, Suso Cubeiro, Inma Doval, Rubén Mariño, Martazul, Miguel Melero, Augusto Metztli, Mercedes Molares, Begoña Pastoriza, Ánxela Pérez Meilán, Isabel Pintado, Soledad Pite, Tino Poza, Mely Secas, Nolo Suárez e Begoña Tojo.
12:00 h. Contacontos e lecturas dramatizadas, a cargo de Ana Hermida e Zezilia Meléndrez.
12:45 h. Outras voces, recital. Con Natalia Concheiro, Berta Dávila, François Davo, Alfredo Ferreiro, Nolim González, Denís Graña Fernández, Tati Mancebo, Mou de Lugh, Alexandre Nerium, Begoña Paz, Alexandre Ripoll, Dores Tembrás e Ramiro Torres.

PASAR A MAROLA. Na Dársena.
16:45 h. Travesía polo mar da Coruña. Con Anxo Angueira, Xabier P. DoCampo e Luís Dopico. É preciso reservar previamente no correo oficina@aelg.org ou no teléfono 981-133233, de 10:00 a 14:00 h. As prazas son limitadas, e o prezo é de 5 euros.
18:00 h. Marcha gaiteira en louvanza do poeta, con Maghúa, Peixe e amigos e Os Vicentes de Elviña.

MEDRE O MAR!. Paraninfo da Universidade da Coruña, na Maestranza.
18:30 h. Acto poético-musical, con proxeccións audiovisuais. Coa participación de: Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Marica Campo, Marta Dacosta, Lois Diéguez, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel Millán Otero, Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela Puñal, A Quenlla, Pablo Coello e Xacobe Meléndrez Fassbender, TingaLaranga Audiovisual, Coro mar das Acentes e Xurxo Souto.» {Vía Axenda Cultural AELG]

Share

III Encontro Milpedras: recital de poesía, música e arte ao vivo

O venres 19 de novembro, a partir das 21:00 h., no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo) da Coruña, desenvólvese a terceira edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e arte. Actuarán recitando poemas Alfredo Ferreiro, Tati Mancebo e Iria Pedreira, en paralelo á música de Rubén Barros e a creación artística de Inma Doval.

Vía III Encontros Milpedras: recital de poesía, música e arte en directo | ::Axenda cultural AELG::.

Share

Sobre a necessidade de plataformas conjuntas

Percebe-se agora mais que nunca a necessidade de derivar o trabalho cultural e artístico em plataformas conjuntas que impulsem a criação desde perspectivas horizontais, somando todas as aportações que cada quem necessita fazer, e, portanto, alheias, no possível, a poderes económicos e/ou políticos.
Talvez foi preciso ter claro que as prioridades da maioria destes últimos grupos estão, como mínimo, dessinteresadas, quando não são claramente contrárias, do trabalho criativo propriamente dito, para começar a perceber que a energia própria da arte deve gerar, na medida do (im)possível, espaços e âmbitos para uma ósmose e intercâmbio fluído com toda a realidade, visando uma consolidação dos discursos artísticos, poliédricos por natureza, como uma riqueza inesgotável para cada ser humano e, por consequência, do conjunto social.
Semelha chegada a hora, pois, de serem criadas as medidas e ritmos precisas para o percurso, sem depender de ninguém a quem dever favores, sem aguardar passivamente por mudanças ou ventos mais ou menos propícios em níveis que não sejam o Trabalho irrenunciavelmente próprio, voltado, sem escusas, para diante, atirando longe os medos para retomar em nossas mãos o presente e o futuro, intensamente magnetizados por tudo o que, desde sempre, nos pertence inalienavelmente: a construção da luz no nosso ser, íntimo e universal a um tempo, (sub)vertendo na realidade os inumeráveis caminhos existentes para a manifestação da cultura, da arte, do ilimitado.
Neste sentido, há que felicitar-se por propostas várias que estão surgindo, como as que se têm comentado neste mesmo blog, ou como a que em Cambre botam a andar, sob o formoso nome de Arteu, Xacobe Meléndrez e Inma Doval, e que neste mês decidiram levar a vários estabelecimentos vídeos, fotografias e gravuras, na convição de encontrar novos lugares para a interação artística.

Share