A mecánica da maxia. Ficción e ideoloxía en Álvaro Cunqueiro, de Manuel Forcadela

Manuel Forcadela debulla o imaxinario nacional moderno antes da década dos sesenta, onde sitúa a obra narrativa de Cunqueiro como unha das pedras basilares do que denomina “modelo romántico”. Un modelo que “vincula o noso imaxinario nacional a unha tradición de natureza telúrica e dionisíaca, sempre establecida no ámbito do irracional e do místico”, e permanentemente orientada ás ansias de transcendentalidade.
Porén, A mecánica da maxia non se detén nesa profunda análise literaria adubada con pertinente aparato teórico-literario e a habitual perspicacia de Forcadela […] (Ler máis no blogue da Editorial Galaxia)

Share

As cinzas sonoras de Manuel Forcadela

Música de cinza semella ofrecernos o libreto da ópera da vida, aquela que interpretamos como substancia principal do destino. A música que consome a carne até a consecución da cinza, que representa o vivido, e na que dalgún modo repousan aquelas melodías da festa que chegou a termo, para só a lembranza ficar no arquivo de pulsións do corazón.

Na liña da sensibilidade decadentista, no poemario de Forcadela vibran notas cargadas de nostalxia e pesimismo (“autocares […] cargados coa agonía da esperanza”, páx. 58) que, no contexto do monumento á “música da vida” (páx. 92) en que o libro se erixe, alberga impactantes reflexións a modo de preámbulos poéticos sobre temas como o erotismo, o tempo e mesmo unha esparexida microteorización sobre a ficción, o simbólico, a acción, a descrición, o proceso de escrita… sen esquecer traer a colación oportunos nomes de autores galegos e extranxeiros: Bataille, Cervantes, Breton, Avilés, Sara Jess, Borges, Curros, Eduardo Moreiras, Derrida, Blake, Luz Pozo, Luísa Villalta… Ao tempo, todos estes asuntos semellan convivir organicamente cunha tripla nerviación temática que resalta ao longo do poemario. Trátase da relación e confronto entre os conceptos de poema, canción e fotografía, sen dúbida actividades creativas en que o poeta ten concretizado habitualmente as necesidades artísticas.

[…] Ler mais

Share