Lembrando Lois Pereiro no Borrazás

Estas son as imaxes que conseguín gravar no Borrazás aquel previsibelmente lendario 2 de febreiro de 2011. A inspirada edición das mesmas é mérito de Maribel Úbeda, tamén do equipo de Algueirada S. L.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/9iwOYv116XU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/XMEuAebmfR4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Share

Homenaxe a Pepe Rubianes en Vilagarcía

O 2 de setembro celebrouse no pavillón de Fontecarmoa, en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), unha emotiva homenaxe ao artista galaico-catalán Pepe Rubianes. Era tal a nómina de corazóns de amigos e coñecidos que se convocaban que o equipo de Blogaliza quixo contribuír dalgún xeito a esta memoria, tentando que ninguén esquecese un evento con tan louvábel intención. Este é o vídeo que Maribel Úbeda conseguiu tecer coas gravacións que un servidor foi tomando cos xoellos e o cu sobre o duro e frío chao do corredor central do pavillón. Porque neste país hai moita máis cultura da que os medios convencionais logran malamente mostrar, tan parcos nas referencias ao que alimenta o espírito e no corazón perdura.

Aproveito a ocasión para presentarvos O levantador de fotos, un blogue que complementará este coas imaxes que nos últimos anos fun apañando no meu particular “safari cultural”. As da homenaxe son estas.

Share

Primeira crítica de Metal central

2009-07-04_arequeixo_farocultura
Esta foi a primeira crítica sobre Metal central, publicada por Armando Requeixo no Faro da Cultura do 4 de xuño.

Outras referencias son:

-«Poesía metálica», de Marcelino Fernández Mallo.

-«Visita á república das letras», por Ghanito.

-«Os textos están inspirados na miña experiencia nunha siderurxia», entrevista de Juan Torreiro para La Voz de Galicia o 5 de xuño.

-«O confinamento espiritual dos humanos», por Montse Dopico no Galicia-Hoxe do 6 de xuño.

Share

II Encontro Cidade da Coruña: Elena Poniatowska

Non repetirei o que xa escribín sobre Elena. Só direi que fiquei conmocionado, e a duras penas conseguín centrarme na gravación para que o material fose dalgunha utilidade a Maribel Úbeda, quen tivo a encomenda de editar os vídeos da AELG que mostramos a seguir.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/75wtLeRM_U8" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/TOn9WNkwIN8" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Share

Homenaxe da AELG a Ramiro Fonte

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Tm1ug8b0B4c" width="425" height="350" wmode="transparent" /]


Moi interesante resulta revisar os propósitos do colectivo poético Cravo Fondo, que formaron a finais de 70 Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes, Xulio L. Valcárcel, Xesús Valcárcel, Félix Vergara e Helena Villar, sobre todo na oposición que defenden entre a perspectiva política e a estética na creación poética, o que deriva para o contraste co posicionamento do grupo Rompente. Moi interesante mesmo para encetar un estudo sobre a existencia destes aspectos na poesía actual.

Cravo Fondo

Share

Maribel Úbeda en PHOTOESPAÑA

agua-en-madrid8

A miña amiga Maribel Úbeda, a experta en artes plásticas e audiovisuais que elaborou o vídeo de promoción de Metal central, está a concursar, dentro de PHOTOESPAÑA, no Concurso  fotográfico  el agua de Madrid. Entre as fotos participantes nesta sección do concurso Maribel ten tres contributos valiosos, entre os que resalto este, no cal votei. Ten por título El agua de Madrid (el agua de una fuente), mais isto foi o que a min me suxeriu: “Pedra e auga, ou a diagonal do misterio”.

O resto do mosaico de fotos tamén merece un percorrido exhaustivo.

Share

Metal central, de Alfredo Ferreiro

Metal central, de Alfredo Ferreiro«Con materias e substancias da condición mineral da existencia e coa mecánica fabril da poesía das profundidades construíu o poeta Alfredo Ferreiro, Alfredo —ferreiro—, un libro de rexistro singular, non asimilábel á norma de ningunha das poéticas vixentes no actual panorama da poesía galega. Metal central contén a experiencia do autor en oficio de condición transitoria —o de obreiro dunha factoría siderúrxica— que, malia o seu efémero carácter, deixou no corpo unha impronta decisiva, de valor iniciático (“aquí gravei no brazo unha espiga / símbolo do clan”), e na memoria varios estratos de fundamental experiencia. A espiga foi cicatriz da ferida azarosa e traidora, amósega durísima do ferro ardente. A lembranza, un pouso magnífico de significación vital resolta en escrita poética de moitos graos de intensidade. Poesía da experiencia trascendida que supera toda incitación de discursividade narrativa e de referente anecdótico e opta polo discurso da indagación simbólica e da ollada de focalización expresionista. […]» (Xosé Mª Álvarez Cáccamo, no prólogo “Poesía do sector da densidade”)

Teño que agradecer a Maribel Úbeda, artista polifacética chegada das inspiradoras terras do antigo reino de Almutasín, o fermoso vídeo elaborado para a ocasión:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/1blEb4aEhiU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Share