Tati Mancebo cantará no próximo encontro Milpedras

Serán con versións propias en galego do Summertime de George Gershwin e doutras pezas de Leonard Cohen e James Taylor. Será acompañada por María Xosé Silvar (Sés) na voz, Tito Calviño na guitarra e Dubi Baamonde no saxo. Todo no contexto do recital poético e da expresión plástica do X Encontro Milpedras.

«Os Encontros en Milpedras, espazo de comunicación natural entre diversas artes, unindo os seus camiños nun fluxo simultáneo onde os espectadores e participantes poden aproveitar a enerxía de varios artistas compartida nun mesmo lugar e momento, continúan no Taller de Litografía Milpedras.

A proposta consiste no traballo común de escritores, músicos e artistas plásticos e visuais que queren comunicarse entre si e co público sen intermediarios, aumentando o coñecemento e o diálogo libre entre as diferentes disciplinas artísticas, e ofrecendo ao público interesado unha experiencia nova e enriquecedora.

Este X Encontro é moi especial, ao fin somos unha Asociación Cultural que nace co obxetivo de promover a cultura e do intercambio de coñecementos e actitudes dunha maneira libre, de tal xeito que o espectador poida estar en contacto directo cos artistas, inmiscuirse no seu traballo e sentirse unha parte importante del.

– Presentarmos oficialmente la AC Encontros Milpedras
– Presentacion da identidade da nova AC

O “X Encontro Milpedras” conta con estes participantes:

poesía
– Ramiro Torres
– Diana Varela Puñal
– Arturo Casas

pintura/artes plásticas
– María Martínez
– Gosia Trebacz

música
– Dubi Baamonde
– Tito Calviño
– Tati Mancebo (como cantautora)

lugar: 
Milpedras, taller de litografía
. Rúa Brasil, 3 baixo
. 15009, A coruña. Tel: 881 926 698
hora: venres 29 de xuño a partir das 21:00 h., 
duración aproximada dunha hora.
A entrada é libre e gratuíta.

info@milpedras.com

Atopa Milpedras premendo aquí» {Milpedras}

Share

Presentación dos ‘Versos fatídicos (1994-2010)’

VersosFatidicos_AlfredoFerreiro_2011Venres 16 de decembro, 21:00 horas

Milpedras, taller de litografía (Rúa: Brasil,3 baixo, 15009 A Coruña)

«Trátase do novo libro de Alfredo Ferreiro. Nas súas propias palabras “Versos fatídicos é unha colectánea de poemas inéditos e outros agora caprichosamente versionados. Textos elaborados seguindo diversas técnicas e procesos ao longo de quince anos: surrealismo, ocasión, remedio, provocación, compromiso, amor…”
A obra, inicialmente só dispoñíbel en papel, conta cunha edición con responsabilidade de Edicións Positivas (http://www.edicionspositivas.com/). O inspirado prefacio é de François Davo e as oníricas ilustracións de Alberto Esperante.

Intervención do Grupo Surrealista Galego
No contexto da presentación do libro, o GSG hipoteticamente participará no evento abalando o sentido poético dos presentes con diversas actividades: cadáveres, profecías, meditacións poéticas, transubstanciacións imaxinarias, epifanías verídicas, comuñóns simbólicas, anagnórises surreais, manuseamento de obxectos mutantes…»

Proposta para o público: Rógase acudan ao evento cun obxecto da súa elección, que será colocado na ‘maleta dos obxectos mutantes’ para a observación poética in situ. Os obxectos ofrecidos serán considerados contributos realizados para o laboratorio ao vivo do GSG, o que se agradecerá convenientemente.

Share

III Encontro Milpedras: recital de poesía, música e arte ao vivo

O venres 19 de novembro, a partir das 21:00 h., no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo) da Coruña, desenvólvese a terceira edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e arte. Actuarán recitando poemas Alfredo Ferreiro, Tati Mancebo e Iria Pedreira, en paralelo á música de Rubén Barros e a creación artística de Inma Doval.

Vía III Encontros Milpedras: recital de poesía, música e arte en directo | ::Axenda cultural AELG::.

Share