Visita á Escola Mestre Mateo

Visita á Escola Mestre Mateo: Poucos lugares hai tan cheos de poesía como unha escola de artes. Eu, que estudei unha carreira de letras a causa do meu interese pola creación literaria, sei moi ben canto estudo non creativo, de pura memorización erudita, filolóxica e histórica, tiven que tolerar para formarme minimamente na análise literaria, aquilo que realmente me axudaba a entender a poiesis, é dicir, a creación. […]

Share

Espanholidade

«O que me anima ainda a escrever [em ocasiões o galego] em normativa institucional, quer dizer com grafia espanhola, é o fato de existir um bom número de pessoas que a reconhecem não só como galega mas como intimamente sua, desde que ligada ao seu próprio jeito de galeguizarem o mundo. É essa passiva espanholidade, mais comum e profunda do que somos capazes de reconhecer, que me merece um grande respeito, até porque eu mesmo não me dou desembaraçado dela e talvez nunca consiga. O fato de vivermos referencialmente em Espanha antes do que na Galiza, como diariamente experimentamos os galegos, deve ter muito a ver com isto.»

{Praza Pública, 26/05/2014 }

Share

A man esquerda do presidente

Teño para min que o goberno de Feijóo apuñala a lingua galega, e con ela toda a industria cultural que a cultiva e nela se xustifica, co tempo libre que lle queda á súa man esquerda despois de rañar o cu. Perdoen que fale así, mais a educación pouco importa cando a supervivencia anda en xogo. Eu creo firmemente, despois de ter sufrido no propio pelexo como funcionan algúns dos máis depredadores empresarios do país, que a política de peso do presidente, esa que manipula coa man dereita, ten a ver co goberno inmediato da “súa nación” e por tanto con alimentar os apoios estratéxicos que precisa para chegar a Madrid (cf. infraestruturas; A Coruña; ensino). Mentres, coa man máis parva, e no tempo que fica ociosa, é quen de manipular sen esforzo a defensa dunha política agresiva coa lingua, pois unha vasta e creativa intelectualidade galega tarda demasiado tempo en aliñarse, cargar a arma e disparar contra un inimigo tan común que por veces se confunde coa nosa propia familia.

Non serei eu quen dea leccións de loita, pois son algo novo para iso, nin tampouco de disciplina militar, pois o cárcere de outros conseguiu que eu zafase do verde caqui. O que resulta evidente é que Feijóo, colocando un trío de meninghotes en cultura, normalización e educación consegue construír un parapeto suficiente para defenderse dos contraataques dos defensores da cultura.

Share