Blogaliza actualiza o seu Wordpress

blogaliza.orgA nova versión de WordPress implementada en Blogaliza actualiza o servizo da plataforma de blogues con novos recursos. Máis unha vez debemos agradecer o esforzo do compañeiro Pedro Silva por manternos á última neste servizo en galego que leva xa moitos anos ofrecendo un medio de publicación de contidos que moitos consideramos desde o principio sorprendente, e desde hai tempo imprescindíbel:

«A nosa maquinaria actualízase á última versión de WordPress, a 3.2.1.

Novidades?

  • Un novo estilo visual, TwentyEleven, con moitas posibilidades: cabeceiro, cores e disposición de columnas configurables.
  • Editor de anotacións a pantalla completa, para ver só o importante: o teu texto. Paga a pena botarlle un ollo: é un vicio!!
  • Dentro do editor, cando sexa de engadir ligazóns tes que probar o «ligazóns internas»: as referencias a contidos do propio blog vanse revolucionar…
  • Buscador para escoller estilo visual: acabouse andar pasando de páxina en páxina ata dar co theme que gostamos.
  • O estilo visual P2, que che permitirá facer un blog «tipo twitter» en minutos.
  • As anotacións poden ser «outras cousas»: ligazóns, citas, galerías…
  • Barra superior con todo o que precisamos ao alcance da man.
  • Correximos moitos erros no proceso de creación de novos usuarios.
  • Empregamos a tradución oficial. […]» {Ler máis en blogaliza.org}
Share

Premios Xerais 2010

Máis un ano asistimos a unha das grandes veladas literarias da Galiza. Este ano aportamos en San Simón a equipa de Algueirada sen Tati Mancebo, que houbo de ficar en Arteixo e se encarregou da monitorización da transmisión de BlogalizaTV, do chat de Facebook e do Twitter; ao leme da transmisión, como non, estivo Pedro Silva e na gravación e edición de vídeo un servidor. Mais este ano contamos cunha equipa de colaboradores de excepción: Paula Gómez del Valle (fotografía), Miriño (cámara de streaming) e Ghanito (Facebook, Twitter). O resultado foron 2,5 horas de transmisión acompañadas de chat e chíos e 19 vídeos, dos que 14 foron entrevistas improvisadas, 4 foron resumos de discursos e 1 foi unha reportaxe. Resultaron suficientes as opinións referenciadas, mais aínda así ficamos insatisfeitos pola grande cantidade de nomes que gustaríamos de ter posto perante a cámara: Mercedes Queixas, Martin Pawley, Antía Otero, Armando Requeixo, Xosé Manuel Eyré, Ramón Nicolás, Marilar Aleixandre, María Xosé Queizán, Rexina Vega, Pilar Ponte, Xurxo Sierra Veloso, Laura Caveiro, Xosé Manuel Beiras, Carlos Callón e tantas outras persoas de quen agradeceriamos saber que desexan dicir sobre os Premios Xerais e a situación actual da nosa literatura. Un saúdo a todas e parabéns para Teresa e Iolanda, as protagonistas, así como para o equipo de Xerais que con tanta profesionalidade ano após ano aposta pola nosa literatura.

Share

Avatar, outro guion esquecido?

Segundo o noso antropólogo accidental, o filme máis agardado do Nadal é unha mostra máis de deseño gráfico sen profundidade de pensamento. Con moitas emocións, no entanto das máis básicas: a supervivencia en tempos de guerra. Outro exemplo narrativo dunha época baseada na tecnoloxía e no esquecemento das humanidades. Pensar para que? É máis simple o cinema que nos activa o cerebro do réptil, como facer “ponting” en lugar de deporte. Suar é moi cansado, e no fin de semana o que queremos é que nos conmovan sen nos mover.

Share

Lois Balado escribe sobre a Blogaliza

«Blogaliza.org é dende o seu nacemento no ano 2003 o enderezo web de referencia para os “blogueiros” galegos. A iniciativa naceu da man de Pedro Silva coa intención de aglutinar nun mesmo enderezo virtual todos os blogues da Rede escritos en galego.
Eran aínda os primeiros síntomas da explosión da web 2.0 a nivel global, o que significaría o comezo dunha nova revolución no mundo de internet, unha segunda xeración de tecnoloxía web baseada nas comunidades de usuarios e en servizos moi novidosos como as redes sociais, os wikis e os propios blogs.
Eran poucos e se cadra non tan atractivos nin coloridos coma hoxe, pero xa daquela xurdían os primeiros blogues escritos en galego e con eles a iniciativa blogaliza.org. aínda entendida coma un listado onde se puidesen atopar estes primeiros espazos.
“A páxina naceu cunha clara vocación comunitaria dende o principio. Buscábase ser o lugar de referencia dos blogues en galego”, afirma o propio Pedro Silva, e o certo é que a día de hoxe a web está moi preto de estes obxectivos. […]» (Ler máis en Galicia-Hoxe)

Share

Nova unidade de medida: 1 quintana=25.000 persoas

Blogueiros comprometidos

Propoño unha nova unidade de medida para o cómputo da xente nas manifas: 1 quintana=25.000 persoas . Fomos 2 quintanas de xente no Día das Letras en Compostela.

E se chove, colorimos a Quintana…

Quintana colorida

Share

A Coruña Son 09, parabéns!

A Coruña Son 09_equipo

Compositores, cantantes, músicos, presentadora, técnicos de son, dirección artística, dirección técnica… Parabéns!

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/7pJjbHch1Dg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Share

Pedro Silva: grazas

O levantador nunca tiña atopado tantas minas até que se instalou no teu ecosistema. Se fosen outros tempos, falaría do teu espírito vangardista. Hoxe teño que soportar a frialdade do adxectivo “tecnolóxico”. De calquera modo, representas para min un deses exemplos de galegos que conviven positivamente con todo o que socialmente aínda non puidemos limpar da mente. Ti debes saber que o pasado chorimiqueiro da Galiza debe ser o abono e a humidade dese futuro que nos agarda impaciente.

Share