«Unha normativa non pode virar unha dogmativa»

Teresa Barro (Sermos Galiza): […] A Real Academia Galega está actuando como se non entendese que unha normativa non pode virar unha dogmativa, que normas e dogmas non son a mesma cousa e que as normas sempre se poden mudar e cuestionar porque non hai nengunha verdade ¨relixiosa¨ por detrás delas. Pensar que un determinado enfoque e unha determinada normativa da língua galega son sagrados e non se poden nen discutir é mais proprio dunha secta que dunha institución que non pode estar para dictar, expulsar, proclamar dogmas e aupar santos. E moito menos para perxudicar a Galiza con comportamentos que a deshonran e a fan parecer atrasada.

Share

Os desígnios da Corte

Galicia ConfidencialMaría Xesús Pato já é numerária da Real Academia Galega, o que implica ter prestado homenagem simbólica à monarquia espanhola. Lá vai uma intelectual galeguista, esquerdista, feminista e se calhar independentista absorvida polo sistema espanholizante do Estado. Lembro ter pensado antes algo similar aquando da entrada de Manuel Rivas: “Será mais um espírito galeguista e contestatário assolagado nas marismas do Sistema?”. E que podemos lembrar do affaire Ferrín, outrora símbolo vivo da atitude nacionalista mais rebelde e comprometida, que houvo de abandonar a madrigueira da espanholeira instituição arreganhando os dentes depois de ter sido acusado (explicita ou implicitamente) de beneficiar familiares com postos de trabalho, retribuição indevida e choferismo burguês?

Alfredo Ferreiro por ele próprioTenho para mim que o Sistema espanhol, a respeito destes e doutros elementos muito valiosos em multidão de aspetos artísticos e intelectuais, esfrega as mãos ao comprovar o poder atraente das atalaias institucionais que perpetuam seu poder. Escritores e escritoras, por sua parte, olham para o lado enquanto reconhecem suas debilidades de simples mortais e rogam o indulto a quem nalgum momento pensou que podiam ser heroínas.

Mas voltemos ao nomeamento recente da RAG: havia outra candidata, com mais anos, mais obra e certamente não menos feminismo às costas que ficou mais um ano abandonada na berma da autoestrada académica: María Xosé Queizán. Porque? Será que a sua atitude — atrevamo-nos a dizê-lo tudo — rigorosamente crítica com a chamada de “normativa oficial” do galego, nascida duma sorte de golpe de estado na RAG acontecido na década de 80, pudo impedir seu ascenso a esse “panteão dos vivos”. Chegados cá, não vamos restar méritos à tão reconhecida Chus Pato, mas é evidente que os méritos que o sistema vê não são aqueles para nós mais prezados.

Dirão alguns académicos que as decisões e as atividades da RAG não são sempre de seu gosto, e que os resultados do seu esforço são governados por uma fórmula por vezes injusta ou errada (cfr. homenagem ao franquista Filgueira Valverde). No entanto, como o pão dos mesmos não depende de tal vínculo institucional, por virtude do mesmo são responsáveis sem atenuantes pola espanholidade que emana, o elitismo burguês que desprende e o carácter antidemocrático que como clube representa.

Pode que quando a RAG nasceu fosse o tobo necessário de uma primária política galeguista, que mesmo a sua sobrevivência durante a ditadura fosse conveniente, mas depois de quarenta anos de castigadora pseudodemocracia é mais um baluarte do Ancien regime espanhol que debilita a nossa mais independente energia social. E nada tem a ver com aquilo que um espírito democrático e moderno -que antiga palavra!- pode hoje defender à hora de construir o futuro do país.

{Galicia Confidencial}

Share

Xavier Alcalá:

Xavier Alcalá na Praia da Magdalena (Cabanas)

Xavier Alcalá na Praia da Magdalena (Cabanas)

JUAN OLIVER: «-[…] Pero seica anda agora a teimar contra un poeta que se di moi internacional.

– Insinuación cabrona, pero non vou deixar de entrar a ela […]. Falando de pailáns, ou máis precisamente de pailáns poetastros, eu non ando a putear ningún poeta. Coido que te referías ao do Centro Pen de Galicia, ¿non?

– A iso mesmo. Anda por aí a especie de que quere cargar o seu presidente, poeta.

– Nego a maior. E non admito emisarios con ameazas nin rogos. Non é unha cuestión de persoas senón de diñeiro. […] Ler mais

Share

Unha democracia “feudal”

Hai algún tempo pensaba en escribir de que modo vivimos nunha democracia «feudal». Pensaba falar de como os novos señores, donos do grande capital, encirran os políticos para que loiten entre eles e a vitoria determine quen vai muxir os recursos comúns no seu beneficio. Os políticos non son todos así, ben é certo, mais a maioría son simples recadadores de votos para unha determinada facción do poder, unha sorte de monteiros dos grandes señores que exhiben o chamariz da democracia para cazar o voto do pobo cada catro anos. Continuaba a reflexión cos bos tempos que nesta conxuntura ultra-dereitista está a vivir outro estamento medieval: a Igrexa. De como fica libre de pagar impostos polos seus negocios, e de como sobrevive chuchando como parasito de institucións sostidas polo Estado laico, como os hospitais e as escolas.

Era unha reflexión que me conducía a observar que o Antigo Réxime que estaba a ficar eliminado na Segunda República, renaceu na segunda metade do século XX e mesmo se perpetuou subrepticiamente nos acomodos pactados na Transición. O «mandiño», aquel mal endémico do pobo galego que o poeta Manuel Antonio denunciaba na súa inspirada xuventude, vivía a súa enésima encarnación en todos eses carrexadores de votos e malbaratadores de postos públicos que pairan como abutres desde os primeiros tempos da democracia actual. Así as cousas, e sen facer ningún alarde de coñecemento histórico cheguei a pensar: o que nos fai falta é unha Revolución Francesa galega.

[…] Ler mais

Share

“Medre o mar!”: homenaxe a Bernardino Graña

 

«Medre o mar! é o título dunha homenaxe nacional a Bernardino Graña que se celebrará na Coruña o sábado 1 de setembro, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e o Colectivo ArTeu, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Real Academia Galega. O programa está composto polas seguintes actividades:

MIRANDO O MAR. No Parque da Torre de Hércules, zona dos menhires.
11:00 h. Os artistas crean arredor da obra do poeta, sendo expostas pola tarde no patio da Reitoría (Maestranza) da Universidade. Con: Carlos Botana, Carmen Cierto, Alfonso Costa, Suso Cubeiro, Inma Doval, Rubén Mariño, Martazul, Miguel Melero, Augusto Metztli, Mercedes Molares, Begoña Pastoriza, Ánxela Pérez Meilán, Isabel Pintado, Soledad Pite, Tino Poza, Mely Secas, Nolo Suárez e Begoña Tojo.
12:00 h. Contacontos e lecturas dramatizadas, a cargo de Ana Hermida e Zezilia Meléndrez.
12:45 h. Outras voces, recital. Con Natalia Concheiro, Berta Dávila, François Davo, Alfredo Ferreiro, Nolim González, Denís Graña Fernández, Tati Mancebo, Mou de Lugh, Alexandre Nerium, Begoña Paz, Alexandre Ripoll, Dores Tembrás e Ramiro Torres.

PASAR A MAROLA. Na Dársena.
16:45 h. Travesía polo mar da Coruña. Con Anxo Angueira, Xabier P. DoCampo e Luís Dopico. É preciso reservar previamente no correo oficina@aelg.org ou no teléfono 981-133233, de 10:00 a 14:00 h. As prazas son limitadas, e o prezo é de 5 euros.
18:00 h. Marcha gaiteira en louvanza do poeta, con Maghúa, Peixe e amigos e Os Vicentes de Elviña.

MEDRE O MAR!. Paraninfo da Universidade da Coruña, na Maestranza.
18:30 h. Acto poético-musical, con proxeccións audiovisuais. Coa participación de: Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Marica Campo, Marta Dacosta, Lois Diéguez, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel Millán Otero, Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela Puñal, A Quenlla, Pablo Coello e Xacobe Meléndrez Fassbender, TingaLaranga Audiovisual, Coro mar das Acentes e Xurxo Souto.» {Vía Axenda Cultural AELG]

Share

Unha Academia Galega pouco Real

Logo Real Academia GalegaSegundo o Estado a Real Academia Galega non ten dereito a percibir máis que o 38% do que percibiu o ano pasado, único ano en que lle foi outorgada unha axuda económica digna desde Madrid. Aínda que até o ano pasado tiña sido a peor tratada desde sempre polo goberno da nación española, este ano tócalle estar moito peor que as correspondentes catalá e basca, e tan mal como sempre acostumou a estar. Ao mesmo tempo, a Casa Real é insensíbel ás penurias dos seus súbditos reducindo o seu orzamento unicamente nun 2%. A verdade é que sempre pensei que á Academia Galega lle sobraba o de Real.

Share

Revelación 1

É máis fácil Murguía ter sido fundador do Real Club Deportivo
do que Lendoiro ter sido fundador da Real Academia Galega.

Share

O xogo das cadeiras | Manifesto pola entrada das mulleres na Academia Galega

«Presentouse en Santiago de Compostela O xogo das cadeiras. Manifesto pola entrada das mulleres na Academia Galega. O manifesto, que parte co apoio de máis de 50 mulleres de distintos ámbitos da cultura, a política e os movementos sociais, pódese ler íntegro neste blog (premer en ADHÍRETE ao manifesto “O xogo das cadeiras” no menú superior).

Ábrese agora a campaña de adhesións a través do blog O XOGO DAS CADEIRAS a cantas persoas, organizacións e institucións desexen sumarse (información na columna da dereita). Mulleres na Academia Galega XA! […]»

[Ler máis en O xogo das cadeiras]

Share

A RAG terá un soño de orzamento

“Saír da precariedade” | Galicia Hoxe : «Os deputados galegos conseguiron introducir un paquete de emendas aos Orzamentos Xerais do Estado que suporán, entre outras cuestións, que a Real Academia Galega(RAG) dispoña de 800.000 euros para o 2011. Así, a partida prevista inicialmente -200.000 euros-, incrementouse de xeito que queda máis preto do que recibirán as súas homólogas, o Institut d”Estudis Catalans-976.000- euros, e o Euskaltzaindia -1.137.000- ou a Real Academia Española -que recibiu 3.700.000 euros no 2010-.[…] A Real Academia Galega recibirá tamén, para o 2011, unha partida de 135.390 euros dos orzamentos da Xunta de Galicia para Política Lingüística […]»

Máis recursos e os académicos máis activos dos últimos tempos, a ver a fórmula en que dá.

Share

Manuel Rivas e un toxo na Real Academia Galega

Que Manuel Rivas levase o seu toxiño na man o día da súa entrada na Academia é algo engrazado. É certo que hai moitos anos que anda coa poliña espiñenta e florida, mais velo agora así enfeitado no rito desa tan antiga institución semellou darlle ao vello xesto rivasiano todo o seu sentido. Semellaba en silencio dicirnos: «Aviso de que levo espiñas acarón das flores; sei que na Academia atoparei flores acarón das espiñas; lembremos através do toxo o que a Cultura é: interacción entre a sociedade e a terra». O que había de simbolizar aquel toxiño elevado a digno acompañante en honra tamaña, sendo como foi durante milenios febra primordial do traballo fertilizador? Un dos máis duros traballos da vella aldea era extraer da corte os cheirentos torróns coa picaña e carrexalos até a leira onde habían de fertilizar os campos que precisamos para manter o gando. O toxo, ese cacto autóctono que tanto apesaraba o raposo no alto de Camariñas, foi de tal modo necesario para o sistema agrogandeiro tradicional que era replantado cada tres anos no monte. Por milenios unha folla brava e útil, este día foi ademais unha alegoría universal.

Máis información na Axenda Cultural AELG e no blogue da editorial Xerais.

Share