“Televisión = manipulación”: protestas contra a emisión ao vivo da TVG na manifestación en prol do galego de 18 de outubro

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Q8CE1mwg3As" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

Impresionante foi a resposta dos manifestantes ao que semellaba ser un acto demagóxico do Telexornal. Antes de que a Quintana se enchese por enésima vez para dar lugar ao derradeiro mitin da exitosa xornada de protesta, o reporteiro da TVG estaba xa a anunciar a disolución total do acto. O vídeo que apresentamos representa o que aconteceu antes de que máis unha vez a praza se enchese para escoitar tres inspiradas intervencións e unha nova interpretación do Hino Galego. Mais o que a TVG estaba a referenciar ás 14:30 era que todo tiña finalizado:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/lVaE7Q40IJk" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

Revisión 22/10/2009: recomendo o lúcido artigo de Xabier Pérez Igrexas “A manipulación da RTVG“.

Share