Marga do Val e Víctor Freixanes gañan Premio da Crítica 2010

«En representación da Sección da Crítica da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Laura Caveiro envíanos a noticia oficial sobre os galardoados deste ano en lingua galega:

Poesía: A cidade sen roupa ao sol, de Marga do Val, poemario publicado en Edicións Espiral Maior en 2010. “Trátase dun poemario vital e reflexivo. A voz poética mergúllase en significativos episodios biográficos a xeito de particular educación sentimental”.

Narrativa: Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes, novela publicada en Editorial Galaxia. “Parte do interesante artificio do cantar de cego a ofrece un estilo envolvente, compensado e denso”.

Laura Caveiro foi a representante da Sección da Crítica Literaria enviada a Cáceres para propor os títulos galegos decididos oito días antes en Compostela.»

[Vía Crítica literaria]

Share

Os Premios da cultura xeran un debate sobre o compromiso

«[…] Anda a xente moi escocida, coa decisión de Galaxia de aceptar o Premio Ex-nacional. Xa escribín sobre isto e vouno volver facer.

Freixanes, nada menos que se permite dar consellos a don Agustín Fernández Paz. Supoño que ese día se lle subiu o viño á cabeza. Porque a argumentación que esgrime é aterradoramente pobre:

“Temos que atopar espazos e, con máis ou menos entusiamos, temos que aceptar as regras de xogo común, porque a sociedade somos todos”

-As regras do xogo non son comúns para convocantes e convocados, son as regras dos convocantes.

-Porque temos nós que aceptar as regras do xogo cando o convocante (PP, baixo intermediario da Xunta) partiu a baralla non as aceptando, non aceptando nin as elaboradas polo propio PP (LNL, por exemplo)? […]»

Vía ferradura en tránsito » caso Galaxia, as cousas claras.

«[…] Asistín durante todo o día de onte os asubíos a Freixanes por criticar que Fernández Paz rexeitase o Premio da Cultura Galega das Letras. Eu concordo con Víctor en que non se pode confundir o coxuntural co permanente: unha cousa son as persoas que nos representen neste momento na máis importante institución nacional e ben outra é a propia institución. Aínda concordando con el, percibo que o propio Freixanes cae no mesmo erro que censura a Agustín cando marca os nosos en contraposición aos gobernantes actuais: el tamén mestura coxuntural e permanente, e mesmo remite o que presenta coma un problema de respecto institucional a unha desputa política. Os argumentos agoreiros de Facebook de onte resúmese en que Freixanes quitou os fuciños para ver se ten a porta levadiza deles está baixada para cambiarse de bando. […]»

Vía APUPOS PARA FREIXANES, SILENCIO PARA FERRÍN – CABARET VOLTAIRE.

«[…] a Xunta, arroupada por un coñecido grupo de dadores case profesionais de premios, resolveu a convocatoria como mellor puido. Un dos elixidos foi Agustín Fernández Paz, quen, a pesar de agradecer a grande honra que supuña o premio, declinou recibilo. A razón é ben sinxela e ben pode alcumarse de coherente. Algúns engaden a palabra dignidade ao seu xesto e, aínda que eu creo que ao propio Agustín non lle debe gustar tal tesitura, consideran, como tamén considero eu, exemplar o seu rexeitamento.

Outros premiados deciden aceptalo e eu debo engadir que, se é digno e coherente non recibir un premio por non estar de acordo coa política lingüística do governo responsable de entregalo, non é mostra de indignidade nin por suposto de incoherencia recibilo: non me parecen xustas as acusacións aos que deciden aceptalo. […]»

Vía ARUME DOS PIÑEIROS: OS NOSOS.

«[…] A constatación sobre a dignidade aínda tarda algo máis en se manifestar. Faise a través dos comportamentos. Fernández Paz, don Agustín, gañou estes días doses extraordinarias de dignitas; na miña opinión, doses similares ás que perderon os outros seis galardoados. Porque aceptando o premio están outorgando valor de normalidade á anomalía histórica que representa a política cultural e lingüística abominable deste goberno.»

Vía A trenza.

Actualización:

A Nosa Terra – Acabemos cos Premios da Cultura.

Sen cartos pero con polémica · ELPAÍS.com.

Galicia Confidencial :: Ferrín bríndalle o premio Fernández-Latorre a Agustín Fernández Paz.

Actualización 28/11/2010:

Galicia Confidencial :: Fernández Paz agradece o xesto de Ferrín pero quere fuxir de “polémicas”.

Share

Víctor F. Freixanes: “A cultura galega pasa case irremediablemente pola intermediación dos cenáculos madrileños”

Víctor F. Freixanes: […] Aínda hoxe, a cultura galega, a nosa proxección exterior sobre todo, pasa case irremediablemente pola intermediación dos cenáculos ou plataformas madrileñas, que é onde están os mecanismos de poder, tamén do poder cultural.

[…] A lingua galega ten identidade de seu, moi fundamentalmente porque a lingua é a consciencia que os falantes teñen dela. A lingua é un espazo no mundo: espazo de identidade, no que nos recoñecemos. Mal asunto se nos despoxamos dos falantes, que a vivifican decote e son a razón da súa existencia. Mais tamén é certo que o galego forma parte dunha grande irmandade: galego-luso-brasileira, que mesmo inclúe as nacións ou territorios de África que falan este idioma, ou variantes destas falas. Hai que profundar nesa relación, entre outros argumentos porque nos resulta útil (tamén economicamente), porque amplía o noso espazo obxectivo de relación, mais tendo en conta a primeira parte desta resposta: a lingua ten que ser recoñecida como tal polo conxunto da sociedade galega, non por un grupiño de especialistas máis ou menos espilidos. A lingua non se produce nin se desenvolve nun tubo de ensaio, senón na dia- lé­ctica do grupo social que a fala.

Vía “Nós” era a modernidade” | Galicia Hoxe.

Share