“Medre o mar!”: homenaxe a Bernardino Graña

 

«Medre o mar! é o título dunha homenaxe nacional a Bernardino Graña que se celebrará na Coruña o sábado 1 de setembro, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e o Colectivo ArTeu, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Real Academia Galega. O programa está composto polas seguintes actividades:

MIRANDO O MAR. No Parque da Torre de Hércules, zona dos menhires.
11:00 h. Os artistas crean arredor da obra do poeta, sendo expostas pola tarde no patio da Reitoría (Maestranza) da Universidade. Con: Carlos Botana, Carmen Cierto, Alfonso Costa, Suso Cubeiro, Inma Doval, Rubén Mariño, Martazul, Miguel Melero, Augusto Metztli, Mercedes Molares, Begoña Pastoriza, Ánxela Pérez Meilán, Isabel Pintado, Soledad Pite, Tino Poza, Mely Secas, Nolo Suárez e Begoña Tojo.
12:00 h. Contacontos e lecturas dramatizadas, a cargo de Ana Hermida e Zezilia Meléndrez.
12:45 h. Outras voces, recital. Con Natalia Concheiro, Berta Dávila, François Davo, Alfredo Ferreiro, Nolim González, Denís Graña Fernández, Tati Mancebo, Mou de Lugh, Alexandre Nerium, Begoña Paz, Alexandre Ripoll, Dores Tembrás e Ramiro Torres.

PASAR A MAROLA. Na Dársena.
16:45 h. Travesía polo mar da Coruña. Con Anxo Angueira, Xabier P. DoCampo e Luís Dopico. É preciso reservar previamente no correo oficina@aelg.org ou no teléfono 981-133233, de 10:00 a 14:00 h. As prazas son limitadas, e o prezo é de 5 euros.
18:00 h. Marcha gaiteira en louvanza do poeta, con Maghúa, Peixe e amigos e Os Vicentes de Elviña.

MEDRE O MAR!. Paraninfo da Universidade da Coruña, na Maestranza.
18:30 h. Acto poético-musical, con proxeccións audiovisuais. Coa participación de: Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Marica Campo, Marta Dacosta, Lois Diéguez, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel Millán Otero, Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela Puñal, A Quenlla, Pablo Coello e Xacobe Meléndrez Fassbender, TingaLaranga Audiovisual, Coro mar das Acentes e Xurxo Souto.» {Vía Axenda Cultural AELG]

Share

O premio de poesía Fermín Bouza-Brey pasa desapercibido

::Axenda cultural AELG:: «O xurado do premio Fermín Bouza Brey do 2010, formado por Fermín Bouza Álvarez, Xosé María Álvarez Cáccamo, Miguel Anxo Fernán Vello, Xosé María Dobarro e o historiador Gonzalo Bouza-Brey, considerou que as obras presentadas non ofrecen o nivel de calidade esixida para un premio desta traxectoria e prestixio, polo que declarou deserto o gañador da súa quinta edición. Tras coñecerse o fallo, o concelleiro de Cultura do concello de Vilagarcía, entidade organizadora do certame, Xosé Castro Ratón, anunciou que os 3.000 euros cos que estaba dotado este premio engadiríanse á vindeira convocatoria do certame, polo que a sexta edición do premio de poesía Fermín Bouza-Brey contará cun galardón en metálico de 6.000 euros. Os membros do xurado subliñaron que o feito de declarar deserto o premio representa unha excepcionalidade pero que, por outra parte, supón tamén un índice de normalidade cultural. Ao mesmo tempo consideran que a baixa participación acadada non é reflexo da situación que vive a poesía galega, da que, aseguran, nunca estivo tan fornecida de discursos tan plurais, senón que tivo máis que ver con cuestións relacionadas coa publicidade da convocatoria.Ao certame presentáronse doce obras, dúas das cales incumprían as bases, polo que tan só dez foron tidas en conta. A cifra é sensiblemente inferior á de edicións anteriores. Cabe lembrar que en 2005 foron 52 as obras que concurriron a este premio e máis de setenta na edición de 2003.»

É incríbel esta situación, pois tan só con ter enviado a convocatoria á AELG tería sido publicitada na páxina máis completa de eventos literarios do país. Os resultados serían notabelmente diferentes.

Share

Presentamos Pel con pel en Santiago

Blogue da Editorial Galaxia: «Este domingo presentaremos en Santiago o libro Pel con pel, que recolle case que corenta fotos presentadas ao II Concurso sobre Lactación Materna que organizou Fedegalma e a Editorial Galaxia. No acto participarán algúns dos autores dos textos que acompañan a publicación. Dores Tembrás, Marta Dacosta, Begoña Caamaño, Ledicia Costas, Francisco Castro, Eduardo Estévez e Alfredo Ferreiro recitarán os seus textos escritos para o libro, no que tamén participan Xosé María Álvarez Cáccamo, Román Raña, e Yolanda Castaño

Share

Ein Rosenfeuer, das uns Verstört: 4 Dichter aus Galicien (4 poetas galegos)

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/kvjkk3gDwXg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

O acto, ao que non puido asistir Manuel Rivas por atoparse en Bos Aires, asistimos algúns incondicionais e moitas outras persoas que encheron o aforo. É de resaltar que a edición bilingüe implica a primeira tradución de poesía galega para o alemán, o que nos enche de satisfacción e nos obriga a ser moito máis ambiciosos. Non é só porque alguén da talla poética de Antonio Gamoneda estime que estamos a crear parte da mellor poesía europea, é que o di, á parte de algúns de nós, moita máis xente que bebe con criterio na poesía española e europea. Isto debe ser resaltado porque que o digamos os máis paisanos, por moito que inspeccionemos o que por aí fóra se fai, semella en ocasións non ter transcendencia.
A maiores, recomendamos as argumentacións de Xosé María Álvarez Cáccamo e Xulio López Valcárcel que, se ben non sorprenden aos máis sensíbeis, cumpriron o papel de denuncia que os tempos actuais exixen.
Parabéns, para alén de aos autores, aos editores e tradutores que participaron nun proxecto sen dúbida de histórico valor. Máis información aquí (PDF).

O vídeo é un traballiño noso para a comunidade de Blogaliza.

Share

Feijoo, o galego e nós, presentación na Coruña

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Wb0krKsbYDo" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Share

Feijóo, o galego e nós

«Recóllese neste libro un total de sesenta e oito artigos publicados na prensa galega -máis algúns procedentes de blogues e xornais dixitais- entre xaneiro de 2009 e mediados de marzo de 2010, até hoxe mesmo e desde que o candidato Núñez Feijóo decidiu asumir e amplificar o alcance das demandas galegófobas dun colectivo de falsaria denominación […].  O xeito pronominal que pecha o título Feijóo, o galego e nós non esgota o seu referente no colectivo de autores que dan corpo a este volume. Nós somos multitude. Somos quen nun período de oito meses, entre o 17 de maio de 2009 e o 31 de xaneiro de 2010, enchemos as rúas e prazas e Compostela en tres sonadas e pacíficas ocasións para declarar a vontade de Galiza fronte á estratexia de destrución dos alicerces da nosa identidade que preside a acción do goberno de Núñez Feijóo. Somos integrantes, asinantes e simpatizantes de diversas plataformas cívicas que se crearon para enfrontar este novo vómito convulso de chapapote. Somos os centos de colectivos, asociacións e organismos que emitiron comunicados e manifestos de rexeitamento da nova política lingüística e cultural. Somos a comunidade escolar abraiada diante da mentira oficial, da trapallada consultiva e da censura obscena, e alarmada fronte á ameaza dun decreto involucionista, destrutivo e patético. Somos galegos e galegas con lingua propia, aprendida na casa dos nosos maiores ou asumida como idioma de nós en condición voluntaria de neofalantes. Representamos a herdanza milenaria do idioma a través do que se expresa a historia e a realidade nacional de Galiza. Somos tamén os que agardamos que, nunha edición futura -que sería outro libro- se titule, simplemente, O galego e nós. Xa sen Feijóo. Marzo de 2010. Xosé María Álvarez Cáccamo.»

Pola nosa parte, un artigo do OLM foi seleccionado para esta publicación, feito que nos enche de orgullo: “A democracia, unha imposición intolerable. A presentación na Coruña será o venres 11 ás 20:00 na libraría Couceiro (Praza do Libro).

Share

Poetas Di(n)versos III: fotos


Moi recomendábel a entrevista de Gemma Malvido referenciada por Xoán Abeleira.

Máis fotografías do evento en O levantador de fotos.

Share

Xosé María Álvarez Cáccamo e Joan Margarit na Coruña

Joan MargaritXMÁlvarezCáccamoSegundo nos confirma Yolanda Castaño, estes dous magníficos poetas, dos países onde o sol nace e onde se pon, estarán man a man e gorxa a gorxa o 19 de xaneiro de 2010 na Casa da Cultura de Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10) ás 20:30. Do galego recentemente tiven a oportunidade de referenciar o seu Vento de sal, así como de recibir das súa xenerosas mans un prólogo e o Espazos do poema. Do catalán, atrevinme a pedir a Portugal o seu Casa da misericórdia, premio nacional de poesía española e premio nacional de literatura catalá, en edición bilingüe. A ver vamos se o libro chega a tempo para que mo asine o poeta máis nacional.

Share

Despois da presentación do libro…

…un momento para a conversa inspirada so os efectos da amizade e os ambientes dionisíacos. Obrigado a todos e todas as asistentes ao acto (de corpo ou de vontade) e ás persoas que logo me acompañaron nunha noite memorábel.

Metal central, de Alfredo Ferreiro_presentación na CoruñaFoto: Tati Mancebo

Share

Metal central, de Alfredo Ferreiro

Metal central, de Alfredo Ferreiro«Con materias e substancias da condición mineral da existencia e coa mecánica fabril da poesía das profundidades construíu o poeta Alfredo Ferreiro, Alfredo —ferreiro—, un libro de rexistro singular, non asimilábel á norma de ningunha das poéticas vixentes no actual panorama da poesía galega. Metal central contén a experiencia do autor en oficio de condición transitoria —o de obreiro dunha factoría siderúrxica— que, malia o seu efémero carácter, deixou no corpo unha impronta decisiva, de valor iniciático (“aquí gravei no brazo unha espiga / símbolo do clan”), e na memoria varios estratos de fundamental experiencia. A espiga foi cicatriz da ferida azarosa e traidora, amósega durísima do ferro ardente. A lembranza, un pouso magnífico de significación vital resolta en escrita poética de moitos graos de intensidade. Poesía da experiencia trascendida que supera toda incitación de discursividade narrativa e de referente anecdótico e opta polo discurso da indagación simbólica e da ollada de focalización expresionista. […]» (Xosé Mª Álvarez Cáccamo, no prólogo “Poesía do sector da densidade”)

Teño que agradecer a Maribel Úbeda, artista polifacética chegada das inspiradoras terras do antigo reino de Almutasín, o fermoso vídeo elaborado para a ocasión:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/1blEb4aEhiU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Share