• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Breve antoloxía da poesía galega de 90: José António Lozano (V)

JOSÉ ANTONIO LOZANO. Coruña, 1967.A leitura dos seus textos supón a entrada nun mundo de sensacións e, en grande medida, de suxestións. Mergullados nun contexto de carácter onírico que semella ser presentado como o verdadeiramente relevante, os poemas parecen exercicios conducentes ao coñecemento profundo do individuo através dunha maior abertura dos sentidos. Así, os poemas en ocasións semellan receitas para atinxir unha visión máis ampla, para mellor entrar na esencia das cousas. E o conxunto parece destilar case unha programática vital tan intensa, que só pode ser transmitida en chave poética.
Na forma, destaca a técnica do pintor expresionista, con versos construídos a pincelada marcada e curta. No imaxinario, bloques conceptuais do negativo (amargo, negro, noite, sombra…) son confrontados con bloques positivos (farol, luz, calor, fósforo…), encanto certas imaxes parecen ser unha declarada proposta de interpretación intuitiva (penas coloridas, rosa, lenha verde…). No final, fican establecidos, através do pensamento poético, unha sorte de vasos comunicantes entre o mundano e o transcendente, no marco dunha intuída sabedoría antiga.De Nocturnos indígenas, no libro colectivo Sete poetasp. 53
Ritual

Persegue a luz eléctrica
lá dentro do café
onde as vellas madeiras fingem o cansaço
alça os lábios
como uma fonte
como um livro antiquíssimo
a seduzir o tempo
procura no mármore o café
e pousa o teu olhar no gato
que pensa o que tu pensas
e agora bebe esse café
e fecha os olhos.

p. 54
Ensonho

Entra no cântico onde as mulheres dormem
na vasilha intensa ao redor da casa
na música
Não temas as madeiras, ébrias na voz
sob os frágeis dedos
onde a amarga sombra descansa
extensa no calor das formas

-Mulheres dormem
deitadas
à cor da planície.

p. 56
Iniciação

A espada no fio da noite
é unha estranha melancolia
de lenha verde

a voz se apaga por momentos
no farol dos teus olhos
entre barcas lentas

a espada no fio da noite
é unha velha amiga
de mares vazios

o sal dos espelhos tão verdes
reclina aos ossos da noite
o teu corpo morto.

p. 58
Conselho antigo

Caminhas dormida,
filha,
rumo á Casa das Danças
acordarás entre cores de quetzal
e ouvirás a serpente mágica
Não chores, minha filha
quando estejas no mundo
quando de regresso
na Casa das Sombras
o amargo vinho dos homens
te quebrante o coração

-Pequena vaga-lume
oculta no fósforo
do amor.

p. 59
Poema

Somos as raparigas pintadas
os óleos amargos
entregues ao coração

Vestidas de penas de quetzal
o nosso amor se quebra
no anelo da rosa:
adormecemos na Casa do Mistério

Cheias de pinturas
nos inclinamos à dança.

-Somos as raparigas do pintor amargo.

p. 61
Poema

Ao caminhar descalça pelas aguarelas
um porto perdido espreita
os pequenos fósforos
pelas aguarelas
e um olhar de criança
é o que me faz pintora
perdida entre os malecões
entre um cais de prata
a pintar
de negro e de negro
o vazio dos barcos
ardendo nos fósforos
pelas aguarelas.

1 thought on “Breve antoloxía da poesía galega de 90: José António Lozano (V)

    • […] Da man do amigo António José Queirós, o seu director, chégame o número 7 (2005) da revista portuguesa Saudade, proxecto patentemente universalista entregado á poesía. Nacida en Amarante, ten ofrecido asento a autores de moi variada xeografía: portugueses, galegos, brasileiros, franceses, hondureños, colombianos, arxentinos, españois, polacos, haitianos, cabo verdianos, suízos, romenos. Entre os galegos figuran Xosé Lois García, José António Lozano, Xoán Neira, Carlos Quiroga, José Ángel Valente (texto traducido para portugués por Amadeu Baptista), César Antonio Molina (en castelán), Xosé María Álvarez Cáccamo e quen isto escribe. Proxecto continuador da magnífica revista Anto, dedicada con esmero á figura do poeta António Nobre, esta publicación demostra tanta pericia editora e iguais dignidade e mestría na divulgación da poesía. En breve virá á luz o número 8, do que daremos noticia na altura. […]

Comments are closed.