A Xabier Docampo, ese rapaz insólito, no seu 60º aniversario
PRIMAVERA INCERTA
Escribo un poema
mentres a sarabia pousa nas xanelas
unha ofrenda de azúcar e sal.
Non sei cando o ceu parará
de enviarnos signos obscuros e fríos
entresachados cos raios do sol.
Comezan as flores a mostrar
a nosa colección de desexos.
Logo palpita o presente
como un peixe saltita na man.
Mais o futuro ás veces se oxida
e xa non dispomos do ánimo preciso
para dar cal a unha casa maior.
Debemos entón ficar á espera,
e sentados no colo do noso corazón,
vestidos co traxe co que saímos á cena
pola primeira vez,
procurar nas nubes a face de alguén
que sabemos sempre nos agarda.
Alfredo Ferreiro
0