Os cadernos de Azertyuiop
En 1995, nacida dun inicial ovo de Azertyuiop, xorde a Asociación Amigos de Azertyuiop. Da cría secreta deste ser fabuloso xurdiron Os cadernos de Azertyuiop, dos que por fin nos permiten dar coñecemento neste blogue, e pasan a localizarse no apartado de páxinas fixas da marxe superior dereita. Variados e inesperados foron os froitos desta actividade que en ningún caso pode entenderse como gandeira. O método de cría consérvase até o momento en rigoroso segredo, talvez á espera dunha conxunción astral máis propicia.
Alfredo Ferreiro
0
Tags :