Betanzos, esta semana: recuperación da memoria histórica
Organizado pola Asociación Cultural Eira Vella, publicitamos o programa de actividades que se van desenvolver en Betanzos para a recuperación da memoria histórica da comarca, no marco do Ano da memoria.
26 de setembro
Presentación das Xornadas “A Represión franquista en Betanzos” e pase do filme A lingua das Bolboretas.
28 de setembro
Presentación por Suso García dos filmes A Sombra Negra da CNT-Galicia e Aillados.
3 de outubro
Charla-coloquio “A represión en Betanzos”. Suso Torres e Alfredo Erias.
5 de outubro
Charla-coloquio “A galiza do 36”. Eliseo Fernández e un representante de Memoria histórica da Coruña…
11 de outubro
Mesa redonda. Falan os veciños.
21 de outubro
Roteiro por lugares sinalados de Betanzos na represión do 36.
* * *
Por certo, A sombra negra inclúe entrevistas a veteranos militantes como José Iglesias e Manuel Díaz Moreno “Talache”, eses mesmos que frecuentaban na realidade o ateneu libertario “Resplandor en el abismo” e os ambientes anarquistas homenaxeados por Manuel Rivas en Os libros arden mal.
3 thoughts on “Betanzos, esta semana: recuperación da memoria histórica”
Comments are closed.
Moitas Grazas por incluir esta noticia.En pouco tempo teredes novas dun blog libertario en Betanzos.
Unha aperta dun cenetista betanceiro
Segundo puiden saber, todos os actos son no Edificio do Liceo (Praza do Campo) ás 20 horas.
Estiven intentando enterarme pola Rede de onde se desenvolven os actos e non dei coa resposta. Podes dicirma ti? Vivo en Oza i estou moi interesado en asistir cando me sexa posible.
Gracias.