O inferno
Din que os nenos comezan a ter medo á escuridade aos dous anos. Será que cando esquecemos a vida uterina, aquel paraíso cheo de escuridade, e nos afacemos ao éxtase do mundo da luz, dando máis relevancia aos sentidos que aos sentires, ficamos adictos ao mundo material e comezamos a ter medo daquela felicidade tan íntima, desde ese momento percibida distante? Esa felicidade tan difícil de recuperar, tan desexada, frustrante, convertida en misterio terríbel?
Será que perdemos o Paraíso cando percibimos a idea do Inferno?
3 thoughts on “O inferno”
Comments are closed.
Traio para aquí a cita que iclúe Marcos Valcárcel no seu blog, de Asimov: “Creo que se houbese vida futura, o castigo do mal sería razoable pero só por un tempo determinado, e penso que o castigo mais longo e peor debería ser aplicado ós que calumniaron a Deus ó inventar o inferno”.
O que eu digo é que o mau non existe, só os actos maus e a xente que, ignorante do que a vida debe ser, os precipita sobre todos. Cando apañamos medo do mau, como concepto? Cando aceptamos a existencia do negativo indeterminado, que se fose razoado podería deixar de existir?
Supoño que o medo nace cando tomamos consciencia da existencia do malo.