Os cadernos de Azertyuiop
Amigos de Azertyuiop decide independizarse d’O levantador de minas e abre unha web propia. Comunícannos que a partir de agora pasan a republicar os cadernos editados en papel nos noventa neste novo soporte, así como outros cadernos que na altura ficaran pendentes. Nun futuro moi próximo tamén estarán abertos a outras obras.
Inician a nova época co caderno número 1, A areia que transforma punhos e conversas de François Davó e Alfredo Ferreiro. Escritura automática dialogada e un último texto segundo a técnica surrealista do cadáver exquisito foron as carácterísticas desta breve obra coa que iniciaran en 1995 o seu particular proxecto editor.
Alfredo Ferreiro
0
Tags :