• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Tres poemas de Raymond Carver (trad. de Tati Mancebo)

Raymond Carver (1939-1988): O home que comezou a escribir porque […] no momento en que o que máis necesitaba na vida -chámese estrela polar – foime concedido xenerosamente.”
Carver entende que se poden escribir poemas “[…]sobre cousas e obxectos comúns e correntes usando unha linguaxe común e corrente mais precisa, e impartirlles a esas cousas -unha cadeira, unha cortina, un garfo, unha pedra, un brinco- un poder inmenso, incluso perturbador”.
A crítica recoñeceuno pola súa prosa, máis que por uns feixes de poemas esparexidos arredor dos seus relatos. El sempre manifestou que escribía relatos nos descansos entre poema e poema.
Presentamos tres dos seus poemas traducidos do inglés de Todos nosotros (Bartleby Poesía 2006), unha ampla recompilación desta obra poética, en versión bilingüe, que inclúe os catro libros publicados por Raymond Carver.

TODA A SÚA VIDA

deiteime a botar unha sesta. Mais cada vez que pechaba os ollos,
había cirros cruzando o Estreito
cara ao Canadá. E as ondas. Rompían na praia
e voltaban de novo. Ti sabes que eu non soño.
Mais a outra noite soñei que asistiamos
a un enterro no mar. Primeiro fiquei asustado.
E logo cheo de pena. Mais ti
tocáchesme no brazo e dixeches: “Non, está ben así”.
Ela era moi vella e el amáraa toda a vida.

MADEIRA DE BALSA

Meu pai está á cociña perante unha tixola con miolos
e ovos. Mais quen ten gana de nada
esta mañá. Eu síntome feble como
a madeira de balsa. Alguén acaba de dicir algo.
Foi miña mai.. Que foi? Algo,
aposto a que ten a ver cos cartos. Farei o meu papel
se non como. Papá víralle as costas ao lume,
Estou nun burato. Non me afundas máis”.
A luz vén filtrada pola xanela. Alguén está a chorar.
O último que lembro é o olor
a ovos e miolos queimados. Toda a mañá
está no lixo, mesturada
con outras cousas. Algo máis tarde
el e eu imos de carro ao vertedoiro, a dez millas da casa.
Non falamos. Deitamos as bolsas
nun escuro morico.As ratas chían.
Asubían cando saen das bolsas podres
a arrastraren o bandullo. Voltamos ao carro
para ver o fume e o lume. O motor está prendido.
Sinto o cheiro do pegamento de avións nos meus dedos.
El olla para min cando levo os dedos ao nariz.
Logo fita ao lonxe de novo, cara a cidade.
Quere dicir algo e non pode.
Está a un millón de millas de distancia. Estamos os dous moi lonxe
de aquí, e aínda hai alguén a chorar. Foi entón
que comecei a entender como é posíbel
estar nun lugar. E tamén nalgún outro.

NA PROCURA DE EMPREGO (2)

Sempre quixen troita de montaña
para o almorzo.
De súpeto atopo un carreiro novo
para a fervenza.
Comezo a apresurarme.
Acorda,
di miña muller,
estás a soñar.
Mais cando tento erguerme
a casa abanea.
Quen é que está a soñar?
Xa é medio día, di ela.
Os meus zapatos novos agardan á porta.
Relucentes.

Share

17 thoughts on “Tres poemas de Raymond Carver (trad. de Tati Mancebo)

    • […] no brazo e dixeches: “Non, está ben así”. Ela era moi vella e el amáraa toda a vida. -Tres poemas de Raymond Carver en galego. Tradución de Tati Mancebo. Blog “O levantador de minas […]

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Que maravilha encontrar alguém que é capaz de por em palavras as sensaçons de todos os dias.

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Que maravilha encontrar alguém que é capaz de por em palavras as sensaçons de todos os dias.

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Claro! non me dera conta diso. De todos modos non estou certa de que Carver utilice “mountain trout” para diferenciala da de piscifactoría. Cando non teño certeza sempre prefiro aproximarme dunha tradución máis literal, da que se pode tirar mesmo ese sentido, antes que arriscar unha interpretación que pode ir alén do que o propio autor desexaba expresar.

      Na miña aldea diferénciase entre a troita de río e a troita de piscifactoría; de feito é ilegal vender troita de río, que resulta ben máis saborosa que a criada en cautividade. Nese risco endogámico e ruralista baseei a miña versión da ‘troita’.

      Saúde e república.

      Concordo contigo, Estíbaliz, e mil perdóns pola tardanza da miña resposta, no que dis de Carver. Creo que hai que ser unha persoa moi complexa para construír reflexos do mundo dun modo tan simple como os seus poemas. A min gústame especialmente a sensación que teño de percibir o mesmo que el debía tentar plasmar cando escribía, ou dito doutra maneira, de como o máis universal camiña ás veces polos corredores máis particulares.

      Moitas grazas, D., pola túa versión do poema. É verdade que non hai diferenzas substanciais entre ambas as nosas traducións malia recorrermos en varios versos a vocábulos e expresións distintos. O que máis me chama a atención é precisamente o primeiro verso do poema, en que se fala das troitas: Recoñezo que non sei da existencia dunha caste chamada troita de montaña mais, de río son todas, non? A ver se chegamos ao final do nobelo… ou da sedela.

      Outra versión do mesmo poema -as semellanzas exceden as diferencias-.

      Saúde e república

      d.

      Á PROCURA DE TRABALLO (2)

      Sempre quixen troita de río
      para almorzar.

      De súpeto, atopo un camiño novo
      cara á fervenza.

      Comezo a apurar.
      Esperta,

      di a miña dona,
      estás soñando.

      Mais cando intento erguerme,
      a casa inclínase.

      Quen está a soñar?
      É mediodía, di ela.

      Os meus zapatos novos agardan na porta,
      escintilantes.

      E quero lembrar o cándido detalle de que este peculiar personaxe en busca de emprego e redención era un admirador de Antonio Machado

      Qué cousas fai a escrita

      Qué ben, Raymond Carver.

      Como se agradecerían máis traduccións del, da súa poesía, dos seus relatos.

      Inexplicablemente reconcíliache coa especie humana a través dunha especie de náusea humana. A única vez que chorei na miña vida cun poema foi cun poema seu. Esquecín o nome do poema porque quixen esquecer un incidente tan… cursi.

      Mais dalgún xeito non quixen esquecelo. Se non, non nadaría nesta memoria, chea de enxertos e implantes.

      O poema chamábase El caballete.

      Pero estes 3 tamén sobrecollen o suficiente como para deterse unhas cantas rotacións. Uns cantos milenios.

      A agradecer que alguén teña escrito exactamente esas palabras e non teñas sido ti. É moito máis prodixioso descubrilas noutro humano que relelas en ti mesmo…

      Gosto sempre do mistério inerente à realidade. Olharmos cara ela como se se tratar de uma primeira invasão do mar no nosso deserto é, talvez, o privilégio e a razão mais poderosa do poema. Bem-vinda, Táti, a esta casa partilhada no meio do coração.

Comments are closed.