• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Ernesto Vázquez, novo colaborador d’O levantador de minas

N’O levantador de minas estamos de parabéns. O que foi un proxecto individual que naceu en Marzo de 2006 con aquel primeiro post “indixenista” titulado A beleza reclama o seu lugar, e que facía referencia a un desexo íntimo de mostrar o que de máis positivo posuímos no terreo da estética e do pensamento escritos, hoxe conta xa con varias plumas rexidas por inmensos corazóns e perspicaces cerebros. Entre eles, o último colaborador incorporado: Ernesto Vázquez Souza. Un historiador inusual, coa sensibilidade dun poeta e o discurso dun ourive.

A beleza reclama o seu lugar sempre. O lugar desde o que preside o mundo cando o amor é o alimento dos homes e a verdade a razón da súa viaxe.

Share

3 thoughts on “Ernesto Vázquez, novo colaborador d’O levantador de minas

Comments are closed.