Presentación d’A cova das vacas mortas ao vivo na rede
O próximo luns, cinco de marzo de 2007, estaremos na sé de Edicións Xerais, en Vigo, no acto de presentación da obra de Santiago Jaureguizar A cova das vacas mortas, da que na altura publicamos unha nota crítica. O levantador de minas tentará dar conta ao vivo, grazas á colaboración de Xerais, mediante un “posteo” in situ dos acontecementos máis relevantes do evento. Será ás 17:00.
Pola súa parte, a dirección editorial anuncia que o acto será gravado en vídeo e que o martes serán publicados fragmentos na rede.
Alfredo Ferreiro
0