• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Finalistas dos premios AELG 2007

AELGLITERATURA INFANTIL E XUVENIL (AELG-GALIX): A cova das vacas mortas, Jaureguizar; A sombra descalza, An Alfaya; Abracadabras, Marica Campo; Cartas de amor, Fran Alonso; Corredores de sombra, Agustín Fernández Paz; Lóbez, Antonio Yáñez Casal; Poetízate, Fran Alonso.

POESÍA: A esmeralda branca, Manuel Vilanova; As complexas mareas da noite, María do Carme Kruckenberg; Éxodo, Daniel Salgado; O pan da tarde, Xavier Rodríguez Baixeras; Os hemisferios, María do Cebreiro; Para unha luz ausente, Xavier Seoane.

TEATRO: Binomio de Newton/García, Cándido Pazó; Medidas preventivas, Gustavo Pernas.

ENSAIO: A terra cantada, Camilo Nogueira Román; Diálogos na néboa: Álvaro Cunqueiro e Ramón Piñeiro na xénese da literatura galega de posguerra, Manuel Forcadela; Memoria de poeta, Xosé María Álvarez Cáccamo; O suxeito postmoderno. Entre a estética e o consumo, Rebeca Baceiredo.

TRADUCIÓN: Brooklyn Follies, Eva María Almazán; Molloy, Anxo A. Rei Ballesteros; Soños nos cantís, Tareixa Roca.

NARRATIVA: dz ou o libro do esperma, Samuel Solleiro; Licor de abelá con xeo, Xurxo Sierra Veloso; O club da calceta, María Reimóndez; Os libros arden mal, Manuel Rivas.

MELLOR TRAXECTORIA XORNALÍSTICA (AELG-COLEXIO DE XORNALISTAS): Antón Lopo, Alfredo Conde, Bieito Iglesias, Gustavo Luca de Tena, Manuel Rivas, Rosa Aneiros, Xan Carballa, Xesús Fraga, Xosé Luís Méndez Ferrín.

  • Novidades de 2007: o Premio de literatura infantil e xuvenil (en colaboración con Gálix e cuxos socios/as tamén votarán nesta segunda rolda) e o Premio á mellor traxectoria xornalística do ano (en colaboración co Colexio de Xornalistas, cuxos colexiados/as votarán igualmente nesta segunda rolda).

  • Entrega de premios: a cerimonia de entrega terá lugar na Cea das letras, que será o sábado 5 de maio.

Share