• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

facer Merzbau non ou posible?

p1010001.jpgVenres 15 de xuño Galería Sargadelos A Coruña asistir á presentación NON OU foi posíbel. Trátase dunha editora de EXPERIENCIAS, e todos experimentamos antes e despois da era da inconsciencia:

e dicir algo do que estorba non ou? e dicir alga

ou cociñala sobre as nádegas do pensamento, a bafexaren dubitativas. Alí estabamos eran 20:00 horas tempo aceso e inconcluso espíritos pendurados perante a carne humana Merzbau de lombo fresco. Aíp10100031.jpg están as fotos non ou? Pois pra que ollas as letras parvo leitor con vontade de interpretar o obscuro desexo que oculta a túa verdade? Da alma trata a psicoloxía, lembras? Pois procura a túa terapia non ou? Ou sucumbe ti tamén naquela sala coa luz lux lus media lus sombra bra brava luz que nos abrazaba,

e entretanto reconstruír o espacio para un ollo

era preciso noutro tempo.
Xente en volta almas concéntricas, todos a ver

facer Merzbau.

p1010020.jpgMerzbau non ou posible si si si si sístole diástole no corazón da arte, e un martelo na parede que procura o equilibrio… non ou posible? E os cravos, quen os libra do seu, aquel bateren todos na cabeza do cravo? Onde a dignidade de ser batido na cabeza até a desaparición escravo da materia? Ah tanto Merzbau con bau-baus de cores polo chan que as crianzas protexen do aborrecimento que os adultos cultivan con esmero e infelicidade. Happening ou performace, facer o paiaso se ti queres e o poeta éche o mesmo, e por acaso ser pintor e músico, mais tamén é abater os cálculos biliares da razón con palabrasp1010034.jpg ultrasónicas. Comamos os percebes da mar batida Merzbau e especies similares, amigos, que é a mellor sen dúbida non ou? Proximamente anunciaron MÚSICA e INTERVENCIÓN URBANA e outras hipóteses Merzbau ou non. NON OU? Ou si? Tanto fai, total

alguén dixo o
contrario (P)
de estar aquí.

Só foron dous artistas ceenses circenses (tres co da guitarra); e nós infancias a danzaren e palmas a bateren.

Share

3 thoughts on “facer Merzbau non ou posible?

Comments are closed.