O “Gran Can” en Collado Villalba
Este martes estabamos alí, ás nove e media da tarde, e o Santiago Auserón (Juan Perro noutras lides) semellou agardar por nós os trinta minutos de cortesía que precisamos despois de ternos perdido catro veces entre Emes 30 e 40, saídas para Alcobendas e Aeroportos “de tafur”. Mais á hora das horas alí estabamos Tati, os Pelachos e máis eu como alegres receptores dun presente moi especial: unha asombrosa mestura de talentos con adubo de jazz e carne de canción popular actual. O concerto de Santiago e a Original Jazz Orquestra do Taller de Músics de Barcelona foi tan bon como esperabamos despois de ter escoitado o anterior de Madrid.
Aínda que nos criamos probábel poder falar con el, pois non tiña acusado recepción do noso anterior aviso via e-mail, fomos até a porta vixiada e tentamos que lle entregasen a nosa tarxeta coa pretesión de saudalo persoalmente. De alí a pouco unha incrédula e amábel muller voltaba anunciando que podiamos pasar até o camerino. Un breve encontro durante o tempo de beber unha Mahou e os Pelachos picaren uns anacos de queixo.
Tan cordial e compañeiro como sempre, confirmounos o seu interese por voltar á Galiza en 2008. Para alén do que as xiras convencionais lle requiran, neste caso falamos dunha actividade pouco convencional que nunca até agora quixera aceptar, mais que unha oferta nova fixo que só agora se comprometese.
De volta a Madrid, a satisfacción era plena e o amigo-anfitrión que tivemos pendurado do móbil evitou que acabásemos o gasóleo antes de chegar a San Chinarro. Os barcos galegos de “La misteriosa” -escrita durante unha súa estada en Ribeira- acompañábannos na cálida noite mesetaria:
Brilla en la noche
Estrella hermosa
La que sólo yo veo
La misteriosa
Callo tu nombre
Rosa de fuego
Porque no te conozcan
Los marineros
Rompen las olas
Barcos gallegos
A la pesca del norte
Van de Marruecos
Vuelven las redes
Rotas de pena
Vacías de pescado
Que no hay faena
Ya no se embarcan
Los marineros
Porque el mar está lleno
De niños muertos
Hartos de ingenios
Andan los cielos
De señales oscuras
Y de ojos ciegos
Al horizonte
Van mis anhelos
Pero no se divisa
Faro ni puerto
Vuelvo mis ojos
Hacia las olas
Por si traen reflejada
Tu imagen sola
5 thoughts on “O “Gran Can” en Collado Villalba”
Comments are closed.
[…] Comentarios recentes r.r. on Rubén Ruibal gaña o “Nacional de literatura dramática”Paladís on Novo número de Protexta, suplemento da TNa nai de Dario on Santiago Auserón falou para O levantadorSantiago Auserón falou para O levantador : O levantador de minas on O “Gran Can” en Collado Villalbapeke on Agustín Fernández Paz: entrevista e avance editorial […]
[…] Non vou repetir o que xa relataron Tati, Martin e a nai do Darío, e que tantos poderán contar despois de ter tratado persoas que teñen como obxectivo principal na vida cociñar o talento con suor para entregar ao público —é dicir, o común das xentes— a arte que nace despida no corazón. Unha vida realmente artística, a que hoxe en día estiman tantos unha máscara do egoísmo, significa na realidade unha ansia pura de amor compartido. Porque a iso aspiran, creo eu, os espíritos conscientes e xenerosos: a que a verdade que todos atopamos escachada no camiño un día sexa posta enteira na mesa como unha empanada para a saciedade de todos. […]
Preciosa canción e que sinxela. Os cans din moito con poucos ladridos
Para min o “Gran Can” da canción popular actual. Música e letra en equilibrio total, arte rotunda.
Bonita canção. Agradeço-vos que me lembreis a um tão bom músico e tipo verdadeiramente interessante a quem a gente como eu deve um bom par de canções, de sonhos, direi.