Petiscos poéticos: María Xosé Queizán, Rafa Villar, Oriana Méndez e María do Cebreiro
María Xosé Queizán, Cólera (Xerais, 2007). Memoria, resistencia antifranquista e “punto de vista masculino”: “Non podería escribirse este mesmo libro desde a posición das poucas mulleres organizadas daquela en partidos e sindicatos: as mulleres non decidían, non contaban. Este poemario de lembranza e recoñecemento aos impulsores da conciencia política galega non sería o mesmo escrito desde a conciencia feminista. Tería que chamarse Cóleras, xa que as mulleres sentían unha dupla indignación porque padecían unha dobre opresión”.
Rafa Villar, Escoración dos días (Ediciós do Castro, 2007). XIX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. Poesía de formato minimalista, entre o telúrico e as lacras psicosociais que aínda nos lastran: “a nación / emerxe esgazada / das retinas da memoria”; “a patria / esnaquiza o seu propio espello / na demouca dos días”. Ao final, “nós tripulamos as sombras / do futuro” é unha visión moi lúcida do que por fin debemos abandonar. Da luz que nos falta.
Oriana Méndez, Derradeiras conversas con capitán Kraft (Galaxia, 2007). Unha especie de narración desbaratada, distribuída en versos cun criterio insondábel. Un experimento poético sen temperanza, sen equilibrio, cunha grande enerxía creativa que falta saber como debe rexerse. Agardamos nesta liña unha maturidade interesante, se o recoñecemento barato non estraga máis unha vez o talento con precoces pretensións: “Nin ela nin eu podiamos imaxinar que xa rematara todo / cando entrou aquela nena / tan verde…”
María do Cebreiro, Os hemisferios (Galaxia, 2006). Poemario último dunha poeta louvada como ningunha polo seu requintamento oratorio e os seus coñecementos de teoría literaria. Aínda que este poemario foi valorado pola introdución do diálogo e a reflexión psicolóxica, a nosa impresión foi a dun libro de limitado calado poético. Sorprendente foi isto, teño que dicir, despois de ter observado onde esta autora pode chegar no seu libro Nós, as inadaptadas (S. C. Valle-Inclán, 2002), un exemplo de amálgama fértil entre unha poderosa lingua literaria e un profundo mundo poético como poucos na poesía galega dos últimos vinte anos.
Por iso nos sorprende tanto a publicación de bagatelas, como a que figura co seu nome neste número de xullo da revista Tempos Novos (Revisión de 5/10/2007: ver comentario nº 13):
“[..]
-Gústache así?
-Así como?
-Non te vexo eu moi centrada.
-Pois eu a ti véxote moi técnico.
-Prefires que paremos?
-Para, anda, para. […]”
61 thoughts on “Petiscos poéticos: María Xosé Queizán, Rafa Villar, Oriana Méndez e María do Cebreiro”
Comments are closed.
Aquí non aplicamos ningún tipo de censura sobre comentarios que impliquen opinións formuladas con respecto, por diversas que poidan ser.
O que se pasa é que nos vemos obrigados a frear intervencións que nada ofrecen salvo intolerancia coas opinións dos máis e mal humor manifesto.
Espero que o comprenda. Se for así este espazo estará tamén á súa disposición.

O anterior comentario non o puiden evitar!

problemas psicolingüístico-fálicos ?¿?
Pártome a caixa!
problemas psicolingüístico-fálicos ?¿?
Pártome a caixa!
problemas psicolingüístico-fálicos ?¿?
Pártome a caixa!
Sinto o comentario, non volverei a aparecer, por se hai censura

Ao anterior comentarista:
1º) Neste blogue non nos interesa na lingua na que le vde., até porque non consideramos unhas linguas mellores que outras; 2º) Os problemas psicolingüístico-fálicos que vostede padece non poden ser tratados nun espazo como este; 3º) Outro comentario similar será eliminado de inmediato.
SI OS DEDICARAIS A LEER CARALLO!!
SI OS DEDICARAIS A LEER CARALLO!!
Miro o artigo 14.1. das Normas Ortográficas e rectifico: son da Coruña. E agora, continuamos a falar de literatura? Confeso que as derivas últimas sobre a descrición das diferentes liñas estilístico-ideolóxicas do presente da nosa poesía son do meu maior interese.
Eu propio lamentaba hai 12 anos que non observaba na poesía do momento suficiente innovación para posuírmos un caldo verdadeiramente rico poeticamente, tal como se viña anunciando desde os 80. Agora algunhas persoas neste blogue defenden a existencia de novas perspectivas creativas en poesía, e iso é algo que non debe ser desatendido, senón razoado e valorado na medida en que representen opcións orixinais e substanciosas.
Pretender isto, así de rotundo como soa, é moi pretencioso, mais eu me conformaría con que se unha nova e valiosa vangarda aparecese fose recoñecida adecuadamente. Istó é realmente difícil, é claro, até porque o verdadeiramente novo con frecuencia non é comprendido e, en consecuencia, é desprezado (o recoñecemento de Manuel Antonio dáse nos 70, por exemplo). E, ao tempo, teremos que ser prudentes porque: a) non todo o que semella novo é realmente novo; b) non sempre o realmente novo ten máis valor.

Quererá dicir vostede que é “da Coruña”, non sendo que considere A Coruña o título dunha novela ou algo parecido.

Nonsei:
Vostede dixo que Oriana “foxe da metáfora, non enquista o verso con horrendos ornatos postrrománticos, introduce a narratividade e un certo hermetismo que consegue facer dos seus poemas algo dificilmente convertíbel nun produto de consumo, ao que sempre hai que voltar para redescubrir novos significados. Obviamente a (post-)modernidade da súa obra non é facilmente dixeríbel…” A partir desta afirmación pregúntome: cal pode ser a fórmula dunha poesía que foxe da metáfora e introduce un certo hermetismo? O hermetismo, sabemos, consiste en utilizar significantes que responden a un código que é preciso coñecer para desvelar os significados; o hermetismo só permite varios significados para os descoñecedores de tal código, que debe existir e levar necesariamente ao significado auténtico, ocultado pola autora. Como se pode introducir o lector nun texto que resulta hermético mais de múltiples lecturas?
O que vostede chama hermetismo temo non sexa máis do que un xogo polisémico, totalmente lícito, como outros, en poesía.
P.S. Son d’ A Coruña, non se espante, que por aquí xa sabe que andamos á nosa bola coa cuestión lingüística. Vostede de onde é? (Dígoo porque non é habitual que galegos se asombren de vacilacións na colocación do pronome átono respecto de verbo).

En resposta:
a) eu non afirmei que a narratividade e o hermetismo caracterizanse a postmodernidade,
b)para ser hermético non é necesario utilizar metáforas. Determinados silencios, versos ben clariños lingüisticamente mais que permiten múltiples lecturas (“Ao falarmos da alfabetización en Galicia / nós tamén estabamos dalgún xeito mortos”), o uso da ironía (“como xiraría / o mundo se ningún esquimó / cometese a extravagancia / de falar”)poden ser igualmente útiles á hora de alcanzar un certo hermetismo, non gratuíto, por outra parte, senón necesario á hora de introducir @ lector/a no texto.
P.S. É vostede brasileiro? Dígoo pola estraña colocación dos pronomes: “se non despois me responsabilizan”…

Ilumínenos, por favor, e díganos quen “considera bo un libro como Cólera” e tamén por que a vostede non lle gusta. Ande, prodíguese, que se non despois me responsabilizan a min de falta de argumentación e prepontencia!
E, xa de paso, de onde saca que a narratividade e o hermetismo caracterizan a postmodernidade? Se o hermetismo non é metafórico, entón a asociación de imaxes é realmente aleatoria? Neste caso, onde está o oficio da escritora?

Oriana introduce no seu libro unha visión da nación por desgraza aínda novidosa na nosa poesía, a do construcionismo social (a nación non é unha esencia, constantemente decidimos o que é entre tod@s). Foxe da metáfora, non enquista o verso con horrendos ornatos postrrománticos, introduce a narratividade e un certo hermetismo que consegue facer dos seus poemas algo dificilmente convertíbel nun produto de consumo, ao que sempre hai que voltar para redescubrir novos significados. Obviamente a (post-)modernidade da súa obra non é facilmente dixeríbel, especialmente para alguén que considera bo un libro como cólera

Emira:
Non te zangues despois de ler tan pouca cousa. Acusas ao principal responsábel deste blogue de superficial e ti non es capaz de máis nada para alén de criticar un artigo do noventa e un post do 2007? Cres que por acusar a outros de superficialidade ti xa te podes arrogar profundidade?
Teño que darche a razón en algo: non é satisfactorio falar catro palabras sobre un libro, realmente. Dá a impresión de que non se aprofundou nel ou non se debería ter escrito sobre algo que na realidade non interesaba. Creo que é este último caso o que nos ocupa, o cal conduce -ao tempo- ao primeiro. No caso de María do Cebreiro este post produciume unha incomodidade que veño aínda esta semana de confesar: dou a entender que por ter María do Cebreiro atinxido un certo nivel noutras obras agora teño dereito a exixirlle a calidade que a min me parece obvio lle corresponde. Non é xusto: porque non teño dereito a exixirlle nada, e máis cando a outros non lle exixo nada polo facto evidente de seren máis limitados.
Valorar, querido/a, non é un defecto, senón a virtude dos que opinan mostrando os argumentos e a perspectiva utilizada. Iso é o que pretendo facer sempre, por moito que non sempre consiga ser suficientemente convincente para todos. Isto tamén é público, e as opinións externas deben ser recibidas con respecto. Mais non todas por igual: repara en como ti mesmo/a afirmas sen fundamentar: “prepotencia e moita frase educada e enfiada para defender as poéticas amigas e as que se calcula que poden selo e reportar beneficios na xerarquía…”; “algúns vos quedastes atrapados no discurso sublime dos noventa e sodes incapaces de comprender”, etc.
En fin, que lamento ter defraudado tanto as túas espectativas, facto que espero podas perdoarme algún día cando repares no difícil que é atopar un punto de equilibrio entre unha opinión sincera e unha opinión útil, entre o que se quere dicir e o que se debe, tanto na perspectiva persoal como na comunitaria.
Si, reviso o post e decido eliminar cun “riscado” a validez dunha das aseveracións, aínda que manteño o erro á vista como tímida reparación do exceso e mostra de respecto aos que coñecen o texto desde o inicio e seguiron a discusión.

Tratar catro obras así, como “petiscos”, é ademais unha falta de respecto polas obras e polos autores. A escusa perfecta para disimular que non se comprenderon ou que non che gustan certos puntos de vista na literatura, ou as dúas cousas.

Un deseño pulcro é o mellor desta páxina, construída lexitimamente para maior gloria poética dos levantadores. No resto, máis ou menos o de sempre, prepotencia e moita frase educada e enfiada para defender as poéticas amigas e as que se calcula que poden selo e reportar beneficios na xerarquía, que te está muy de competir últimamente. A prepotencia xa a coñecíamos naquel ensaio en sopirrai, pero podía ir baixando o volume xa, ho, porque algúns dos comentarios desta páxina significan que algúns vos quedastes atrapados no discurso sublime dos noventa e sodes incapaces de comprender, non de valorar; repito: de comprender, non de valorar, que iso faino calquera, as obras de Rafa Villar, de María do Cebreiro e de Oriana Méndez. Falar de “lastras psicosociais” é un lastre do crítico, non do libro, que se cadra podería telas, ou non. Entrei nesta páxina porque alguén dixo que era seria ou algo así, lamento irme, non lamentamos, laméntoo eu. E que che vaia ben con Cáccamo e con Veiga e con toda esa xente colega da Coruña.

Anónimo: non se zangue, por favor, e argumente se o desexa as súas opinións, que iso promove este blogue de portas sempre abertas ao diálogo sobre a literatura. A miña querenza pola obra de Cesáreo Sánchez está exprimida acima, e debe ser valorada nos termos en que foi escrita, nin máis nin menos; mais para vostede un apoio á mesma de calquera ángulo que sexa implica unha senrazón. Por que? Non o explica, simplemente dispara, agacha a arma e foxe.
O debate sobre a calidade das obras poéticas para vostede é pouco útil, por idealista. Cal é para vostede o punto de vista apropiado para valorizar a poesía: a ideoloxía política do autor (a súa “radicalidade”), a cor do cabelo, a raza, o sexo, a idade, o número de publicacións, os premios recibidos? Se lle propuxen ler o Manual de Teoría de la literatura non era para mostrar prepotencia, senón para indicar que ferramentas pode unha persoa usar para valorizar unha obra literaria calquera, dos múltiplos aspectos de que se pode enfrentar. A poesía, como toda a literatura, aínda que non é unha ciencia exacta permite facer contas claras e chegar a conclusións aceptábeis. É cuestión de describir e valorizar ofrecendo ao público a vara de medir usada para a crítica, para demostrar que tal vara é pertinente, aínda entre moitas outras posíbeis.
O que non é admisíbel é a estigmatización incongruente. Así como toda obra é defendíbel dun punto de vista, máis fácil resulta desacreditala doutros moitos. Ao tempo, crear unha obra digna é tarefa ben difícil, e os que amamos a literatura non debemos esquecer isto nunca.
Polo que parece, Anónimo, critiquei neste post unha autora que vostede apreza por riba de calquera argumentación cualitativa. Mais teña presente que eu só falei da miña visión sobre algunhas obras, non de persoas, a quen respecto absolutamente. Vostede incluído/a, coas súas opinións sobre a literatura e este blogue.

Amais de evasiva, fai vostede gala dunha prepotencia ben curiosa, sobre todo se temos en conta a súa querenza pola obra de Cesáreo Sánchez Iglesias.
(Eu) trataba de iniciar un debate sobre un concepto tan idealista, e polo tanto pouco útil, como o de “calidade” referido a un libro de poemas. Pero comprobo que aquí do que se trata é de inzar de lugares comúns e apor adxectivos rimbombantes.
Adeus.

Sr./Sra. Anónimo: Se imos comezar polo principio e me permite unha suxestión sen que pareza unha evasiva, sería moi recomendábel que comezase por ler de María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza o Manual de Teoría de la Literatura. Trátase dunha obra interesante que recolle as teorías básicas de interpretación do feito literario e a súa especificidade dentro das manifestacións artísticas, nunha versión moi recente e actualizada. Teña en conta que a teoría da creación literaria comeza con Aristóteles, ou se quere antes.

Que significa “calidade” nunha obra artísitica?

Teño que defender que en moitos casos o nivel literario da poesía publicada é realmente baixo, cousa que me permito afirmar con algunha hipérbole. No caso de Cebreiro xa recoñecín que algunhas das súas obras son do mellor escrito nos últimos tempos, mais iso non me fai cego seguidor da súa escrita, e moito menos de supostas actitudes “radicais” que non supoñen un valor intrinsecamente literario. Non sei dar unha opinión sobre unha obra literaria senón valorando a calidade da mesma; ao tempo, valorar unha obra con parámetros de “radicalidade” é que non me parece o mellor, ao menos no contexto artístico.
Canto á obra de Tosar e Queizán non me cheguei a pronunciar aínda. Por isto non é xusto atribuírme comentarios máis favorábeis das obras destes que da citada de María do Cebreiro.
No caso d’ A tarde, de Suso Pensado, a valoración é boa porque literariamente funciona. Recoñecín xa que o realismo pouco me interesa desde sempre, mais a radicalidade vacua ten para min a priori o mesmo valor. Acontece que Suso Pensado logrou nese libro con ese estilo unha afinación evidente das cordas poéticas.
O resultado posterior á escolla do estilo, o fornecemento dun tono poético eficaz, é o que hai que valorar, se do que queremos falar é de literatura. O “radicalismo” varía en cada época, amigos, e non ten unha cor determinada: é só a contraria á cor imperante no presente.
Se n’ Os hemisferios tivese achado versos que me cautivasen, non había de aforrar palabras a louvalos. Por certo, Sr./Sra. Anónimo, defende dalgún punto de vista o interese do texto de Cebreiro publicado na Tempos Novos, referenciado acima?

A tomada de posición que significa ‘Os hemisferios’ na obra de MdC resulta tan radical, en forma e fondo, que orixina danos colaterais: non todos os que seguiron até aquí o seu traballo son quen de continuar aventurándose canda ela.
O concepto de “calidade” poética non presenta operatividade e si demasiadas eivas: “baixar’ a literatura ao nivel dos papeis abandonados na rúa” é un magnífico programa poético; calquera cousa con tal de non escribir como L.G.Tosar. Paréceme, polo menos e en todo caso, ousado criticar con tanta contundencia ‘Os hemisferios’ e situar en mellor lugar libros como ‘A tarde’ ou o pésimo ‘Cóleras’.

Desde logo, se nada gañamos persoalmente asinalando os erros dos outros, moito perdemos todos elevando a obra mestra o que só é evidente mediocridade: perdemos o crédito como cultura, e o interese dos máis por seguiren a nosa traxectoria, xa para sempre coa etiqueta de “decadente” (en senso non figurado). Hai autores que só chegan a unha moi limitada calidade, e con moito esforzo; mais por que os que teñen verdadeiro talento −como penso é o caso que nos ocupa− aceptan “baixar” a literatura ao nivel dos papeis abandonados na rúa? Por que sucumben ás présas e á vaidade de ver o seu nome a cada pouco impreso? Si, é certo: ao final é cousa súa como deciden publiclar, e nada podemos exixir salvo que respecten as nosas palabras sobre o que decidiron expor á opinión pública.
Mais, que valor terán as louvanzas ás obras merecentes se non demostramos un criterio exixente? A cantidade de libro publicado xa foi considerada unha das causas da pouca calidade de non poucas edicións; cando apostaremos polo criterio que exixen os novos tempos?

Concordo en que é vergoñenta a calidade do texto de María do Cebreiro. Decepcionante a tope ler iso.

Elvira, ese plural é moi habitual na crítica literaria e non ten connotacións cualitativas. De calquera modo, se é o único que non comparte do post, doume por satisfeito no seu caso. Por certo, por que utiliza vostede o plural para facer a súa petición?

Agardeceríamoslle que evitase os plurais maiéstaticos.
Grazas.