Contos da Coruña
O río de Monelos, os contos do fielato, Pucho Boedo, a lenda do Santo Amaro, Finita Gay, Urbano Lugrís, as comparsas do Antroido… Mil anos de historia e mil historias esquecidas que os máis vellos poden desfrutar e os máis novos coñecer a través do estilo fresco e espontáneo de Xurxo Souto.
A presentación, unha chea de xente que aplaudiu a rabiar e escoitou emocionada o inquieto fluír do relato das súas vidas.
[gv data=”ytB0uSMktMU” width=”400″ height=”329″][/gv]
Tags :
1 thought on “Contos da Coruña”
Comments are closed.
Grazas a este singular libro descubrín que a cafetería do parque de campismo onde a miña familia pasa as vacacións desde hai máis de vinte anos é unha antiga fábrica de secado de bacallau de Palmeira que tivo que ver coa creación da primeira frota de altura galega dos anos vinte do século pasado. Agora non podo esquecer este dato cada vez que atraveso o restaurante camiño da Praia de Coroso (Ribeira).