• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Ars amandi de Blanco-Amor

Por amabilidade de Xavier Alcalá chega ás miñas mans un libro singular: a obra poética amorosa de Blanco-Amor. Coeditado polo PEN Clube de Galicia e Editorial Galaxia, conta co patrocinio de Caixanova e a Diputación de Ourense. Editada ao grande, ofrece reproducións de deseños do autor, de cartas manuscritas e mecanoscritas, fotografías de época e notas aclaratorias sobre os poemas. En formato grande (27x23cm) e papel de catálogo de arte, conta cunha “Carta-proloquio” de Luís González Tosar: «Si, Eduardo si, eiquí todo cambeou —como di Francisco Brines, grande poeta e magnífica persoa—, pero seguro que tí estarás pensando: “non será para tanto”. Nin moito menos que para tinguir coa cor das rosas a España que aceptou, maioritaria e normalmente, a aprobación da Lei 13/2005 do 1 de xullo, que modificou o Código Civil en materia de dereito ao matrimonio. Moitísimo menos esta Galicia bífida, gobernada polos socialistas do PSOE e os nacionalistas do Bloque. E que che podo contar de Ourense? Ai, si, alí foi noticia un nadador contra corrente. Pepe Araújo, concelleiro de cultura, a súa foi a primeira voda homosexual da cidade. O rapaz non fixo caso ningún das negativas do seu partido, o P.P. Hai Auria, Auria, tan igual e tan distinta!»