Unha perspectiva necesaria
Paréceme que dá no albo Miguel Anxo Fernán Vello no seu artigo do Galicia-Hoxe: “Sobre o falsamente universal“. Unha perspectiva necesaria que nos indica por onde comezar á hora da creación literaria. Mais hai quen cre que falar do seu embigo é suficiente para facer literatura, e na realidade algo máis é preciso: coñecer moitos máis nós estomacais que o propio e saber como falar deles de modo que o motivo inicial se trascenda e atinxa sentidos máis profundos que as peculiares enrugas que só serven xa para dar que falar nun blogue calquera do Blogomillo.
Alfredo Ferreiro
0