• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Unha novela escrita por unha modelo?

«Una novela escrita por la modelo Katie Price se convierte en un superventas en el Reino Unido: Una novela escrita con ayuda ajena por la modelo británica Katie Price, también conocida como Jordan, ha vendido más ejemplares que los seis finalistas juntos del Booker, el premio literario más prestigioso del Reino Unido. De Crystal , novela que trata de los esfuerzos de una muchacha por ganar fama como cantante gracias a un concurso de telerrealidad, se llevan vendidos, desde que salió en junio, 159.407 ejemplares. Por el contrario, las ventas de las seis novelas finalistas del Booker suman 120.770 ejemplares, pese a la campaña de publicidad de que han estado rodeadas. Crystal es la segunda novela de Price. De la primera, Angel , vendió 300.000 copias.» (La voz de Galicia)

Dicía eu hai uns días que non era un canibal, e iso era porque entendía o lector actual a ser tratado como un animal de consumo literario, estimulado tan só por emocións primarias elevadas á enésima potencia. Esas obras que son creadas para “ofrecer circo” a domicilio, unha maneira de atordar o povo similar ao cinema “de medo”. Algo equivalente a substituír o deporte verdadeiro, que tanto contribúe á boa conexión de corpo e mente, por unha sesión de “puenting”. Trátase de non suar, e sen esforzo físico subir as pulsacións cen puntos. A felicidade consiste no sentimento posterior a salvarse dunha morte inminente?

Algo similar acontece con estes produtos, froitos da enxenaría literaria máis comercial, auténtica aliaxe entre a psicosocioloxía e o márqueting. Así, unha modelo escribe “con axuda allea” (?) unha novela que se vende máis que os tais finalistas do Booker. Mais onde está a literatura? No número de vendas? A literatura está na calidade.

?

?

?

Na calidade da obra, é dicir, na profundidade da súa mensaxe e no virtuosismo no uso do código literario: a sonoridade da lingua (Torrente Ballester paseaba oralmente as obras até que nada lle resultaba inharmónico), a suxestión de matices mediante a escolla dos conceptos apropiados, as asociacións imaxinarias ao servizo dun mundo posíbel coherente e orixinal… ou unha mensaxe de alta humanidade. Todo o contrario, pois, de fabricar un alimento para cans con desperdicios cárnicos atopados na rúa.

Diferenciemos, propoño eu, a Literatura da enxenaría literaria estritamente comercial. Do mesmo modo que un bon traballo como modelo non o fai calquera, a dignidade dunha obra literaria responde a criterios cualitativos. Se non eu tamén podería ser modelo, se contase con a “axuda allea” que me falta: [kml_flashembed movie=”http://videos.orange.es/p/es/iLyROoaft4WQ.html” width=”280″ height=”228″/]

Share

18 thoughts on “Unha novela escrita por unha modelo?

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Ao estar a industria cultural inextricablemente unica a cultura de masas prodúcense cambios na producción e apreciación estéticas. Cambios nos que para discernir as diferentes calidades é preciso aguzar a recepción. No blog “as uvas na solaina, debatíase hai pouco sobre un artigo de Luis Paradelo que se refería a esta cuestión.
      Noraboa polos cambios no blog, as imaxes osixenan.

      Que a literatura non é cantidade senón calidade xa o sabemos dende hai tempo. Se non fose así, Corín Tellado ou Marcial Lafuente ocuparían un lugar de honra nos manuais de literatura castelá. O mesmo pasa co cine, coa prensa… (lembra que o xornal máis vendido é o “Marca”)
      Unha aperta.

      Tiña vontade de pasarme a un deseño con tres colunas, que aproveitase máis espazo na pantalla. Ademais este formato ten máis funcionalidades, porque é máis actual. Nos próximos días decidirei se lle manteño a cor de fondo (que eu vexo en Linux nun azulado tenue e en Windows máis como un gris óso), e tentarei ir galeguizando todos os epígrafes.
      Sobre a merda que queren as moscas, teño que dicir que elas son boas moscas nesa cropofáxica pretensión. Mais as xentes… Non sei que pensar: hai máis persoas pendentes do negocio dos deportes (non do deporte en si) que do benestar da súa comunidade. É iso maior mérito que o das moscas? Pois depende do que entendamos nos diferencia delas.
      Ben, para non parecer pesimista de máis, terei que dicir: si somos diferentes das moscas, porque hai algúns de nós que marcan a diferenza, e son capaces de mostrarnos que o ouro verdadeiro existe e serve para que recoñezamos o ouro falso.

      ONDE e RAIOS, abofé. Cada vez se me trabucan máis os dedos. Debo preocuparme? 😉

      Xa me preguntaba eu once raiso fora parar o novo deseño. Supoño que problemiñas técnicos, non?

      O que dis sobre a literatura tamén se aplica á música e ó cine. Pero se mil millóns de mosca queren comer merda ¿non seremos nos os equivocados?
      Quedou moi chulo o novo diseño da páxina, ainda que o de antes tamén me gustaba.

Comments are closed.