• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Galeguia. Encontro con Cabo Verde

[kml_flashembed movie=”http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=-1992759775173793601&hl=es” flashvars=”” width=”300″ height=”245″ /]

No dia 19 presentámonos coa cámara ás costas na primeira edición do Galeguía, xornadas que neste ano foron dedicadas a unha sentida fraternidade coa cultura de Cabo Verde. O evento, con responsabilidade da Fundación Via Galego, o venres ofreceu n’ A Coruña unha mesa redonda sobre literatura e lusofonía e un recital de poemas caboverdianos e galegos, con presenza de Felisa Rodrigues (profesora de literaturas africanas en lingua portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela), Xavier Alcalá (escritor), Carlos Quiroga (escritor), Germano Almeida (escritor cabo-verdiano) e José Vicente Lopes (escritor e xornalista cabo-verdiano); no recital participaron Yolanda Castaño, María Lado, Lucía Aldao, Enma Couceiro e Xavier Vásquez Freire. Lamentamos ter que advertir que María Lado resultou excluída desta reportaxe por dous motivos: a súa imprevisíbel demora para se incorporar ao recital e os nosos infelices limites na xestión dos recursos técnicos. Solicitamos nos perdoen, María en primeiro lugar.

Celebramos, é claro, que iniciativas deste teor comecen a florecer na oferta cultural, de modo a familiarizar a sociedade cun concepto de cultura galega que traia para a mente connotacións como ‘modernidade’, ‘internacionalidade’, ‘fraternidade lusófona’ e ‘valorización do patrimonio cultural’. Só así poderemos ligar na nosa mente a nosa vella cultura coa certeza dun futuro digno.

Tags :