• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Santiago Auserón falou para O levantador

[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=-7665443509380261861&hl=es" flashvars="" width="320" height="240"/]

Non vou repetir o que xa relataron Tati, Martin e a nai do Darío, e que tantos poderán contar despois de ter tratado persoas que teñen como obxectivo principal na vida cociñar o talento con suor para entregar ao público —é dicir, o común das xentes— a arte que nace despida no corazón. Unha vida realmente artística, a que hoxe en día estiman tantos unha máscara do egoísmo, significa na realidade unha ansia pura de amor compartido. Porque a iso aspiran, creo eu, os espíritos conscientes e xenerosos: a que a verdade que todos atopamos escachada no camiño un día sexa posta enteira na mesa como unha empanada para a saciedade de todos.

Temos tamén o pracer de anunciar, para alén de ofrecer o vídeo precedente, un outro coa entrevista que Santiago Auserón concedeu a O levantador de minas e que nos próximos días partillaremos cos lectores deste blogue.

Saúde e Amor. A Arte será un fruto inevitábel.

4 thoughts on “Santiago Auserón falou para O levantador

Comments are closed.