Xavier Alcalá presenta Unha falsa luz en Bruxelas
O noso prolífico Xavier Alcalá apresenta esta tarde en Bruxelas (Livraria Orfeu) Unha falsa luz, a terceira novela de “Evanxélica Memoria“, unha triloxía que ben podería anunciarse como a primeira triloxía de novela histórica —rigorosamente planificada como tal— da literatura galega. Mil duascentas páxinas en total dedicadas á represión que a comunidade galega dos evanxélicos padeceu desde a chegada ao poder dos militares golpistas e dos fundamentalistas católicos no pasado século. Unha parte da Historia deste país rica en anécdotas, penalidades e desterros que aínda hoxe as máis modernas Historias da Galiza non foron capaces de encetar. Cousa que a partir de agora será fácil para os investigadores, até porque Alcalá nos ten confirmado que está disposto a ceder o froito das súas propias investigacións (testemuños directos e indirectos, cotexo de documentos históricos dos que garda copia, etc, recollidos por el aquén e alén do Atlántico) a aqueles estudosos interesados, unha vez que el xa tomou o que precisaba para alimentar a súa colosal creación literaria.
A. F.
2 thoughts on “Xavier Alcalá presenta Unha falsa luz en Bruxelas”
Comments are closed.
[…] por o Levantador de minas, que foi concebida como unha macrohistoria planificada como novela histórica. Nótase, certamente, […]
[…] P.S. 27/11/2007: O levantador de minas; 28/11/2007: La Voz de Galicia. […]