[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=5201296164561993161&hl=es" width="320" height="240"/]
O pasado “martes literario” da Galería Sargadelos d’ A Coruña asistimos ao recital de Estíbaliz Espinosa, unha artista multifacética como poucas. Falou estensamente do sentido que ela outorga á escrita poética e entregouse nun recital moi persoal, imprimindo a carga de orixinalidade que habitualmente consegue nas súas intervencións: teorizou, recitou, requiriu a colaboración do público e fíxonos un regalo final que só unha artista de tan amplos recursos como ela pode ofrecer.
T. M.
Pingback: Calidonia » Arquivo do blog » Declárome estibalista