Presentación d’ O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz
[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=-6675543500150853542&hl=es" width="320" height="240"/]
O mércores pasado, unha vez demos por finalizada a última sesión ao vivo das I Xornadas Virtuais de Literatura da AELG, tamén realizadas desde a Biblioteca Nodal d’ A Coruña Miguel González Garcés, fíxose a presentación pública do novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz O único que queda é o amor. Despois das palabras iniciais da directora da biblioteca, Laura González-Garcés, e do director de Edicións Xerais, Manuel Bragado, o acto ofreceu a eficiente e agradábel configuración dun diálogo lúcido co autor. Neste contexto, Óscar Sánchez, como agudo entrevistador inquiriu un solícito Agustín Fernández que saciou plenamente a nosa curiosidade sobre o que el pensa da obra en cuestión e do oficio de escritor, describindo mesmo abondosas anécdotas persoais. Un verdadeiro luxo para os que gustamos de reflectir sobre as fórmulas que fan dunha obra un referente inexcusábel do sistema literario.