• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Tati Mancebo na Sargadelos

«Despois da breve pausa provocada polas datas vacacionais do nadal, a Galería Sargadelos da Coruña retoma o seu ciclo “Martes Literarios”, que tanto interese e fidelidade suscitou durante o pasado ano. O 2008 iniciaráse mañá martes 8 de xaneiro, ás 20:00 horas. Esta iniciativa continuada forma parte da programación cultural estable que ofrece este centro cerámico e cultural, nunha proposta que se ven repetindo -dende a súa inauguración o pasado 2007- en martes alternos, contando cunha periodicidade, pois, quincenal.

Nesta ocasión, contará coa presenza da coruñesa Tati Mancebo, unha licenciada en Filoloxía Inglesa que traballa na súa propia empresa de xestión cultural e novas tecnoloxías da información. Á vez, Tati mantén O blog dos pelachos sobre infancia e cultura na Rede e colabora asiduamente con críticas e traducións de poemas no blog literario O levantador de minas. Tamén é tradutora do inglés en multitude de guións de cine, poesía irlandesa, inglesa e estadounidense para revistas e medios electrónicos.

Como poeta ten publicado o libro individual Na hora redonda (1995) e participado en numerosas publicacións colectivas en Galiza e Portugal (“7 Poetas”, “Gaveta”, “Saudade”, “Çopirrait”) así como en recitais poéticos. Foi membro do consello de redacción da revista universitaria “Gaveta” e co-editora dos Cadernos de Azertyuiop, que na actualidade están a ser pasados á Rede. Tamén na Internet verá a luz, proximamente, o seu novo e esperado poemario: NósQuen. […]» (A dirección da Galería Sargadelos da Coruña)

A. F.

Share

6 thoughts on “Tati Mancebo na Sargadelos

Comments are closed.