Presentación da Evanxélica memoria de Xavier Alcalá
O xoves día 7 ás 20:00, na Feira do libro da Coruña, partillaremos mesa con Xavier Alcalá o seu editor Víctor Freixanes e máis eu para tentar dar conta publicamente das moitas virtudes das súas novelas Entre fronteiras, Nas catacumbas e Unha falsa luz, as cais supoñen unha vasta, lúcida e moi ben escrita triloxía sobre a represión sufrida polos evanxélicos galegos a maos do fundamentalismo franquista. Contaremos ademais entre o público coa presenza da principal testemuña dos feitos narrados, don Manuel Molares, quen no seu día contactou o propio Alcalá para propoñerlle a literaturización dos esforzos e penalidades soportadas pola comunidade de crentes.
A. F.
Tags :
6 thoughts on “Presentación da Evanxélica memoria de Xavier Alcalá”
Comments are closed.
Entre as miñas preferidas está sen dúbida Tertúlia, unha novela que nos oitenta foi polémica porque retratou as dificultades dun escritor novo para comezar a publicar; algunhas das personaxes facían sen dúbida referencias claras a persoas que eran factores relevantes do sistema literario galego do momento, o que molestou aos popes de sensibilidade máis caciquil e intransixente. Dise que esta novela foi apeada no último momento dalgún grande premio dos oitenta polo veto dalgún destes “tesos” señores, e iso propiciou o lanzamento como premiada nesa ocasión da primeira grande obra dalgún dos nosos hoxe máis recoñecidos.
En calquera caso, eu disfrutei moito con Tertúlia, e cónstame que algunha crítica literaria de máximo prestixio tamén o anima hoxe á súa reedición, pois leva moitos anos esgotada. Trata, ademáis do ambiente galego das “capeliñas” editoriais, o asunto da fraude literaria por plaxio e contén unha novela interior de aventuras. Do máis recomendábel da literatura galega. Por certo, se a atopa gárdea ben para si ou para outro, pois custa moito atopar un exemplar polas librarías de vello.

Hai moito tempo que non leo nada de don Xavier, pero lembro con especial agarimo, á parte de “A nosa cinza”, unha novela que me entusiasmou no seu día e que pasou sen pena nin gloria: “Alén da desventura”.