O Premio Avelina Valladares é un burato negro para os libros?
Semella que a partir de agora hai que ler a letra pequena dos premios literarios. Que nas bases indique que a obra pode ser publicada polos promotores non quere dicir que o vaian facer. Talvez afirmen ter asinado convenios con editoras para a publicación da obra gañadora, e mesmo ter acontecido que leven anos facéndoo, mais iso non impedirá que o libro dun ano fique en dique seco por non se sabe que estrañas razóns. Segundo se informa n’ O porto dos escravos isto aconteceulle ao poeta Arsenio Iglesias en 2006 na X edición do Premio Avelina Valladares da Estrada. Eu, desde logo, perdo o interese por presentarme nesas condicións.
Tags :
11 thoughts on “O Premio Avelina Valladares é un burato negro para os libros?”
Comments are closed.
Estou completamente de acordo. Desa xuntanza podía saír unha proposta que sen dúbida a AELG atendería.
http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/14B6E?OpenDocument
En concreto, a base segunda.
E si, Alfredo, desde logo que pagaría a pena tentar que os concursos teñan o sentido que poden ter. Supoño que ese encontro de autores organizado pola AELG para o último fin de semana de setembro pode ser unha boa oportunidade para chegar con algunha proposta concreta.
Estou a ver que isto merece unha recollida de datos rigorosa para tentar movimentar algunha proposta firme. Iso é un traballo que beneficiaría a autores e leitores.
Referido ós textos teatrais: na última convocatoria do Álvaro Cunqueiro nin sequera a publicación é garantida: “poderá”, din as bases. Máis adiante estaría ben falar tamén da distribución, por exemplo dos premiados co Dieste da Deputación: se queres un libro, vas á imprenta e o roubas. Hai algunha outra opción case igual de escura; un reto: a ver quen se atreve a conseguir “Unha Primavera para Aldara” fóra de Biblos Clube. Pero isto é aplicable á maioría dos textos publicados en galego, así que…
Acredito totalmente.
Consultada a AELG, a situación que percibín foi a seguinte: a) para ser socio é preciso ter como mínimo un libro individual publicado, un grupo relevante de obras dispersas en diversos medios ou creación habitual en espazos dixitais, por exemplo. A vara de medir admite varias posicións e grosores, como pode verse, mais exixe un mínimo demostrábel de traballo publicado para que o consello directivo acepte a proposta.
Por outro lado, ábrese a posibilidade de, se o considerarmos oportuno, promover un escrito que recomende á organización do Premio unha revisión das bases no sentido de: a) Eliminar ambigüidades sobre a cualidade do premio (con ou sin publicación); b) esclarecer os termos sobre os dereitos que pretenden reservarse; c) etc. A confección dun rascuño podía dar lugar a unha carta que a AELG enviase como recomendación de melloras á organización do premio.
Contade comigo para isto, desde logo.
quando a Sociedade Astronómica Estradense foi fundada e foi ao concelho a apresentar-se perante o concelheiro de cultura, solicitando informaçom sobre a ajuda que poderia receber por parte da concelharia, este respostou, mui rumboso, que para quatro estrelas que havia no céu nom era precisa umha associaçom [e por suposto, nengumha ajuda].
portanto, é muito provável que o Avelina Valhadares seja um buraco negro, e mais provável ainda, que os seus promotores ignorem em que consiste isso.
Sobre o da AELG é certo que os criterios para ser socio son realmente abertos. non é unha asociación nada clasista nese sentido. o do libro editado é un criterio, pero se un ten unha actividade constante relacionada coa escrita malia que non teña libro editado individualmente… pois non creo que o deixen fóra, sinceramente.
o de arsenio é unha putada manifesta porque, en realidade, as bases tampouco obrigan exactamente á publicación (non a recollen como tal), co cal as posibilidades dunha reclamación “ao legal” son menos e o trato da publicación da obra é, en xeral -e así foi no meu caso- unha cousa de palabra… en canto a min tanto me tiña que publicasen nove (porque a verdade, pensaba publicalo en rede, pois eu si creo que as publicacións en rede e papel teñen a mesma validez e entidade, ou deben ir tendo xa) e cando lle expuxen ao editor o meu parecer, que debería publicar antes o de arsenio porque é unha cousa de xustiza, contestoume que iso eran decisións do concello, que , ao fin e ao cabo, é quen paga a edición… intúo -pero xa aclaro que non o sei- que a verdadeira razón pola que o libro de arsenio está sen publicar ten algo que ver co politiqueo e sobre todo co desinterese manifesto da clase política, así dito en xeral, pola cultura do país como manifestación.
por certo que no concello podían portarse e quedar coma uns señores publicando o libro de arsenio, porque, sinceramente, sacar un libro non é facer unha superproducción de hollywood, é bastante económico. e seguro que sae máis barato que un xantar da terceira idade.
iso si, colleita menos votos.
muita sorte arsenio.
Ese outro caso do Johán Carballeira que citan no teu blogue xa o coñecera na altura por Paco Souto quen, se non lembro mal, se veu publicado maravillosamente no ano seguinte dun incumprimento de publicación. Como non lembro ben e non sei como quedou o asunto, nada dixen.
Canto aos requisitos para entrar na AELG, creo que actualmente son máis abertos do que figura na web. Esta tarde consultareino.
Agradecido, Alfredo, por darlle un pulo ao tema. Un dos paradoxos da AELG é que non se pode ser socio sen ter publicado nada, polo que en principio casos como o de Arsenio, que son os que máis precisarían de apoio, fican fóra da súa acción. Supoño que isto é así só moi relativamente, eu recomendeille que consultase se podían axudalo dalgún xeito.
Por certo, que seica non é o único caso, aver se polo menos os vamos coñecendo.