Caso Steiner: o grande intelectual descúlpase
Despois de argumentos, protestas coordinadas e debates, o “Caso Steiner” parece chegar ao seu fin coas disculpas deste en El País: «Steiner dice: “Como demuestra mi libro Después de Babel soy un apasionado defensor de las lenguas y literaturas minoritarias. Mi comentario irreflexivo fue una respuesta al chovinismo regional que amenaza ahora la unidad de España. Pido mis más sinceras disculpas”».
Chegados a este punto, eu propóñome: a) aceptar as desculpas e facer que non ouvín o resto da argumentación do venerábel e ousado señor; b) asumir que a intervención combinada de A Mesa, a AELG e o Pen Clube, en termos sensatos, respeitosos e contundentes acabou pondo as cousas no sitio; c) alegrarme polo señor Steiner: ás veces un erro leva a atopar un tesouro.
Revisión 22/09/08: celebro o artigo de Xavier Cordal sobre este asunto, sobre todo no que di respeito do monstruoso e próximo pasado, que moitos pensan eficazmente soterrado por unha fina capa de transición política. Eses que ás veces desde Madrid (e máis perto) parecen falar como quen non viviu a opresión franquista, non recoñecendo que o trauma social producido precisará de tratamento psicosocial durante moitas décadas. A democracia exiliada non vai voltar ás mentes dos cidadáns tan só mudando de bandeira: haberá que reeducar as comunidades nun respeito que os intelectuais teñen o deber de promocionar coa maior sensibilidade.
Ao tempo, os comentarios de Luís Fernández en A Nosa Terra (nº 1325) e o artigo de opinión de Elena González no Diario Cultural de hoxe (Radio Galega) ofrecen citacións da obra de George Steiner que dificilmente poderían ser atribuídos a un intelectual de vulto. E que xa non teño vontade de referenciar.
Revisión 23/09/08: resulta moi recomendábel a reflexión de Suso Baleato sobre as similitudes nas actitudes de Steiner e dos responsábeis do Firefox, case coicidentes no tempo, canto valoracións da relevancia da lingua galega na actualidade.
41 thoughts on “Caso Steiner: o grande intelectual descúlpase”
Comments are closed.
A min Steiner lembrame un fragmento de Lautréamont: “Toute l’eau de la mer ne suffirait pas à laver une tache de sang intellectuelle.” (Poésies 1, Paris, 1870).
Non me valen disculpas. Foi dito nunha noite de borrachera acaso? Non sabía o que estaba a decir? Estaba a denunciar unha grande inxustiza do noso século? Intelectual! “Chien de garde” escribía Paul Nizan.

Grazas, Menduínho, polo apuntamento. Paso a actualizar o post con esa reflexión do blogue de Suso Baleato.

Citan este blog en A Nosa Terra:
http://www.anosaterra.org/nova/steiner-firefox-galiza-.html
¡Non o coñecía moi interesante!

Canto ao artigo de Xerardo Estévez, é o discurso dun economista do voto. Dun enxeñeiro dos resultados do sistema democrático, non dun humanista. Todo o que valora no territorial, no social e no cultural non ten máis valor que a tendencia de opinión que proxecta e que un proxecto político pode apañar para gobernar. Trátase de gobernar, non de servir o pobo.
Pola miña parte, non preciso ningún discurso nacionalista para entender que o territorial, o social e o cultural teñen unha densidade que provén do pasado, dos lazos que a vida dos cidadáns atou nas horas de festa, nas horas de ciencia e nas horas de treboada. É un peso específico, unha fórmula que se desenvolve ou muta constantemente, si, mais que ofrece sentido en cada época se atendemos ao que aconteceu con anterioridade. Algo que non pode valorarse ao peso do estrito interese político de curto prazo.
Non falo de definir o único e verdadeiro espírito da Galiza e bla bla bla. Por min Galiza pode moi ben non pasar nunca de rexión, ou mesmo autodefinirse como vertedoiro, se así logramos desfrutar unha comunidade que define os seus intereses con confianza e xere os seus recursos con lucidez mediante procesos democráticos que verdadeiramente aproximan o cidadán do poder.

lándoas ou casas:
xa houbo quen dixo que o blogomillo é na actualidade un dos maiores axentes de normalizacións. Eu non sei se chega a tanto, mais o que sen dúbida resulta ser é un ámbito en que se respira certa normalidade. Algo impagábel, polo menos para o meu conforto.
Canto á outra cuestión que suxires, teño que recoñecer que me arrogo coñecedor de tendencias galeguistas cando me emociono. E as miñas opinións non deixan de ser as opinións de un que pouco sabe. Neste caso, como noutros nos que me poño rixo como unha vara, ou “teso como un ghallegho”, que diría un meu irmán que teño en Barcelona, refírome a que estou persoalmente saturado de reclamar cousas, advertir inxustizas e loitar por conceitos. Comprendo que os políticos deber pasar o tempo a negociar diñeiros, leis e transferencias, mais os intelectuais e artistas temos que deixar os queixumes á parte e por mans á obra. Nada nos impide triunfar no mundo das ideas desde mañá mesmo, pois para iso temos hoxe os recursos necesarios.

Permitídeme engadir algo. Creo necesario reflexionar sobre as razóns outras, sobre as posicións dos demais. E digo isto ao tempo que considero que é equívoco postular unha posición común “nosa” desde a que supostamente falo. O artigo de Xerardo Estévez onte no País ofrece pistas de interese sobre ese campo. Retómoas nun post no meu blog. Creo necesario coñecer as posicións outras para sermos máis efectivos no logro dos obxectivos que poidamos compartir en terreos como o da normalización lingüística.

Creo que o blogomillo ten unha certa capacidade (limitada) de crear e activar algo próximo a unha opinión pública en Galiza. Con todo, a “balanza comercial” co mundo da opinión impresa/radiada/televisada, os fluxos de interacción, están moi desequilibrados. Diría que a idea común entre os asiduos ao blogomillo (quen anota e quen se limita a ler) é a de constituír unha especie de contra-opinión, un contrapeso. Nesa actitude e nesa militancia existe un factor de cohesión que non se dá, nesa proporción, noutras esferas de interacción social no país. Refírome á opción lingüística. Podía ser doutro xeito, pero non o é. Iso é unha fortaleza nada desestimábel.

Alfredo: mais que o repto de “termos umha estrategia nova”, o repto que temos antes nós é, simplesmente, termos umha estrategia, porque, ao meu modo de ver, o problema em que em todos estes anos anteriores (quer-se dizer, na época que vai desde o primeiro governo autonómico até o último governo Fraga), nom houvo estrategia nem táctica nengumha. Ou, se a houvo, foi-se diluindo, bem rápido, com o discurso de que deviamos evitar o conflito e a tensom.
E aqui ligo com Calidonia: como estavamos (digamos o plural, mas refiro-me aos sectores maioritários que presumivelmente estavam pola defesa da língua e a cultura galegas) no discurso do nom-conflito, no esforço por evitar as tensons, ditas inecesárias, na teima de difundir a ideia de que a língua se normalizava com boas palavras, optimismo e vontade individual, agora, depois de anos e anos de nom termos discurso, chegamos aonde estamos neste momento. A reacçom (cordenada ou descordenadamente) racha o silêncio (porque nom governa, por intereses político-mediáticos, etc…), e nom temos practicamente capacidade de resposta, ancorados como estamos na postura cómoda do deixar-fazer.
Normalizar a língua necessita -ademais de discursos no Parlamentinho de cartom, ritos anuais e anúncios na imprensa-, umha estrategia e umha táctica. Nom as tivemos em todos estes anos, e agora estamos descolocados porque a burbulha na que viviamos (essa utopia de que direitas e esquerdas, progressistas e reaccionários, uns e outros estavam pola defesa da língua) estoupou e nos colheu por surpresa.
Se nem sabemos qual é o horizonte que procuramos: umha Galiza bilíngüe? Monolíngüe? Qual é a nossa reivindicaçom? Para além da queixa, legítima, qual é a nossa proposta.
Algumha cousa temos feito mal, colectivamente, para estarmos onde estamos.

O de Steiner vén confirmar que cada vez máis e máis ideoloxía e lingua están indisolúbelmente unidas.
A novidade é que iso que era certo, e segue a ser malia que algúns prefiran instalarse en discursos de non-conflito, en Galiza, tamén é verdade no Estado, cousa que xa sabiamos, pero éo ademais no resto do mundo globalizado.
Tempos.

Pois é. Aliás, esas persoas que pensaban iso e nada dicían senten agora que deben defender o seu criterio. Iso tamén é un dato, e o reto de termos unha estratexia nova, non?

Para ser um “apasionado defensor de las lenguas y literaturas minoritarias”, entende bastante pouco o problema, n’é? Sabera distinguir entre minoritárias e minorizadas? Saberá porque a nossa, entre outras muitas, é minorizada e cada vez mais minoritária no nosso país? E, por último, o chovinismo estatal espanhol, nom lhe preocupa para o futuro dessas línguas que tan “apasionadamente” di defender?
… estamos como estávamos. O problema nom é que esse senhor pense essas cousas, o problema é a quantidade de galegas e galegos que pensam cousas semelhantes ou peores, e que até agora nom se atreviam a (ou nom tinham interese em) pronunciar-se publicamente.

C-d: Non creo que teña rectificado, aínda que poda ter axudado como eco popular, pola reacción do blogomillo. Sospeito que terán dado (El País, Juan Cruz e o insigne) a maior importancia ao comunicado conxunto das tres asociacións, referenciado no post.
Mario: Eu o que intúo é que este home non dá xa para máis neste asunto, e que resultaría moi pouco pragmático tentarmos que definise aceptabelmente a súa última intervención que, desde logo, dista moito de ser satisfactoria, como tamén comenta R. R.

Pois eu non sei se facer que non ouvín o resto da “argumentación”. A fin de contas o home ten a ignorancia que se lle presupón a alguén capaz de expresarse neses termos: incapacidade para percibir os matices e para poñerse no lugar dos outros. Enfín…

Steiner non fai referencia ao galego, denotando fachenda no seu discurso, pero eu creo que podería considerala unha das primeiras reaccións civilizadas de alguén ante unha iniciativa do blogomillo.
Alguén sabe doutra?

Iso é, que dada a altura da motivación non se me ocorre máis a dicir.

por moito que sexa unha desculpa, paréceme preocupante a motivación. Eso de “fue una respuesta al chovinismo regional que amenaza ahora la unidad de España” éche case máis aberrante que o comentario anterior.