Lusofonía XVIII: presentada publicamente a Academia Galega da Língua Portuguesa
Hai certas cousas que teñen que acontecer, e acontecen a qualquer custo. Non poucos foron os esforzos destinados até agora para que o reintegracionismo lingüístico da Galiza atinxise este carimbo institucional: a Academia Galega da Língua Portuguesa é xa unha realidade. E non só no papel, como máis unha asociación legalmente constituída e fatalmente desatendida nos traballos fundamentais: nace do suor organizado do lusismo máis activo, con apoio da Xunta da Galiza e financiamento importante da Caixa Galicia, para alén do mostrado por unha lusofonía sensíbel e comprometida.
As cousas víanse claras desde aquí: tanto encherse a boca coa importancia da lusofonía de varios e importantes sectores precisaba de apoios concretos, apoios a ideas potentes de proxección internacional. Por iso me alegro tanto, porque cando vexo neste país ideas claras e recursos oportunos enriba da mesa penso francamente que temos futuro como cultura. O resto é a trapallada de tantas veces, ou a crítica destrutiva nacida da inseguranza por falta de identidade persoal e colectiva, por ignorancia do que se é. Así non se pode saber o que se quere ser, con certeza.
A ver vamos que partido o país pode tirar desta nova institución, que ao que parece surxiu nun acto impecabelmente organizado así como estratosfericamente académico. Agardemos un bocadiño a que algún colaborador deste blogue que por alí andou este luns nos describa as súas sensacións, e se tamén algún académico decide usar esta palestra para relatarnos as perspectivas que alberga.
16 thoughts on “Lusofonía XVIII: presentada publicamente a Academia Galega da Língua Portuguesa”
Comments are closed.
… e nao sao todos os que estao… nem estao todos os que sao… Um abraço grande para o Pedro Casteleiro… também.
Ernesto,
embora não te conheço che envio um abraço, não por lusista (que eu não sou militante de nada, apenas tento pensar livre e rigorosamente -e que a Deusa nos ajude numa tarefa tão árdua) nem por galeguista, mas por assentares a tua tenda bem tecida com respeito (e mesmo carinho) para com os mais, para com os que optam por outros tecidos. Expresso daqui, desta ágora do Alfredo Ferreiro, que sempre foi livre, o meu respeito a todos aqueles que diferem mas dialogam, deles será o futuro.
Ernesto, acho que a inspiração te acompanha mais e mais cada dia. Sejas benvindo e retornado!
A entrevista, em verdade interessante.
Obrigado Alfredo,
Bom humor, música, poesia, retranca fresca, paciência, respeito profundo da nossa amada língua e cultura e algo de erudição crítica, mundana e laica… essas são as nossas armas; escudo o da sereia, não batemos nem naquele do graal, nem no da fouce, nem nos das estrelas, nem no da Vaca, nem no da via látea… que também são nossos.
Pedimos apenas passagem para montar as nossas tendas e mercados. Procuramos um caminho não provado, um futuro que ofertar em esperança, como diziam Rosalia, Curros, Otero e Castelao nas dedicatórias e prólogos fundamentais: aos moços do futuro.
Apertas,
Ernesto Vázquez
P.S. Recomendo esta entrevista:
http://www.pglingua.org/index.php?option=com_content&view=article&id=264:carlos-reis-reitor-da-universidade-aberta-de-lisboa-lmudar-a-ortografia-para-muita-gente-e-um-pouco-como-mudar-o-corpor&catid=6:entrevistas&Itemid=71
Temo sexa unha opción que non controlo, e na que non tiña reparado. Mais sempre a vaidade de alguén se pode sentir ofendida e marca a diferenza.
Arume:
O seu desinterese é perfectamente respeitábel, e fai ben en expresalo, cousa que lle agradezo.
Das opinións que me dá só lin a de Caneiro, para min tan delirantemente sentimental como cabía esperar del, dito sexa tamén con respeito. Se me ofrece os enderezos desas outras dúas opinións con interese as lerei.
Aló Vai: lamento que nos elimine dos favoritos, aínda que parecía algo inevitábel. A súa fidelidade, leve como o vento, non parece arraigar con facilidade.
Ventosela: diso se trata, de ver se hai resultados positivos. Para min o esforzo merece un aplauso, aínda que non é un proxecto en que teña participado.
Xaquín: eu estou de cabalo o menos que podo, mais de cabalo de carga. E se teño que cargar co seu humor, pois teño, até un punto. Eu son lusista para os que non o son e isolacionista para os lusistas. Ese é o meu lugar, percorrendo o perímetro, sen capeliña de calquera clase. Agora pense que grande partido se lle saca a ser así, que algo haberá. Vde, en troca, que tanto se preocupa polos cartos, debe facer o contrario: acomódese nunha familia ideolóxica ben definida, traballe no que lle manden e agarde o seu momento. Tarde ou cedo caen os royalties.
En efecto, niso ten razón: a propia intervención neste blog supón interese. Pero o meu interese consistía en amosar desinterese. Nesa contradicción puiden incurrir. Admitida.
Polo demáis, supóñoo enterado dos artigos de onte de Caneiro, de hoxe de Carlos Rodríguez, as intervencións en Croques ou noutros blogs desacreditando a Academia. Eu xa digo: nin entro nin saio. Trato simplesmente de amosar o problema.
O que non se entende é que se o autor do blog é lusista de tal grao de radicalismo, escriba en galego. Que o fai, para pillar subvencións? Ou está de cabalo de Troia?
Se este blog fora gañando credibilidade co esforzo de Alfredo Ferreiro, agora o blog acaba de cagala toda dándolle publicidade a esa arlotada de casino. Nin academia é o invento ese, nin portugués se chama a nosa lingua.
Borramos este blog dos favoritos.
Non, Arume, non pretendo forzalo a posicionarse. Dicía que é algunhas das súas afirmacións, como “E xa non entro en se pode ser mesmo contraproducente nestes tempos de fraxilidade entre turbulencias, cuestión que nin ouso formular”, son insinuacións bastante patentes.
Ten que recoñecer que quen non quere insinuar algo ou manterse realmente distante xa nin o nomea. Se non cae no disimulo de Gila: “Aquí alguien ha matado a alguien… “
Xa vexo que hai que tomar partido. Non queda máis remedio. Non se pode ser indiferente coa academia. Hai que mollarse. Pero só dun lado. Porque se non, pasas a ser o resto.
Arume:
Se é unha persoa que “non participa en iniciativas de ningunha clase” comprendo que non lle diga nada unha iniciativa como esta. A súa imparcialidade non é tal neste caso, porque de partida non valora este tipo de esforzos. Así se explica moi ben que sospeite que poda ser unha cuestión contraproducente. É unha desconfianza coherente.
Concordo en que á xente en xeral pouco lle importará, esa xente que en tan grande porcentaxe lle outorga tempo aos negocios futbolísticos de outros ou ás vidas teleinventadas para a ocasión. Mais terá que concordar que aínda que poucos se dediquen aos berbiquís do universo ou á química orgánica isto non deixa de ter probabelmente máis do que unha certa importancia para o futuro próximo.
Pode vde. licitamente sentirse indiferente, así como eu mesmo dubido de que isto ou o contrario poda facer moito polo futuro da lingua. Eu o que quero resaltar é que en todo caso a nova Academia significa o fruto dun traballo feito con convencimento e rigor, e como fórmula, xa só como fórmula para enfrentar calquera necesidade, merece un aplauso.
Eu pretendo sempre, aínda que non sexa un mérito, ser o primeiro en aplaudir os éxitos dos máis. Gustaría de que todos os meus paisanos fosen persoas todas elas con grandes proxectos a punto de eclodir.
Besbe:
Moito me alegra o que me contas, porque me lembra tan bons momentos dos anos noventa en que non parábamos de recitar por aí. No Maeloc fixemos a maior parada dos últimos tempos, con recitais periódicos organizados pola Companhia da Meia Noite, responsabilidade do Pedro Casteleiro. Naquela época ás veces recitabamos con músicos, e chegamos nun recital organizado pola Tati a xuntar máis de 100 persoas cobrando entrada na Terraza.
Eu, escasas. Nin son académico (vade retro) nin participo en iniciativas de ningunha clase. Vexo este asunto dun xeito ao meu ver suficientemente imparcial e con extraordinaria indiferencia. E desde esta perspectiva non lle vexo moito aquel. QUe queren que lles diga. A min dame a impresión de que por aí fóra, quero dicir fóra destes circuitos, á xente impórtalle pouco este asunto. E xa non entro en se pode ser mesmo contraproducente nestes tempos de fraxilidade entre turbulencias, cuestión que nin ouso formular.
Ola, pasaba por aquí para dicir que onte atopamos uns poemas vosos nas paredes do Maeloc e non puiden máis que botar un sorriso, para outra vez que volte prometo ir con cámara de fotos e inmortalizar as pegadas que por alí deixastes.
Bicos 🙂