• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

O poemario de Eduardo Estévez virá á luz en Positivas

Eduardo EstévezAínda que a noticia xa leva unhas semanas no ar, non queremos deixar de constatar aquí que o poemario Construcións, de Eduardo Estévez, alvo circunstancial neste 2008 das coñecidas deficiencias na redacción das bases dos premios literarios así como no rigor dos procedementos dos xuris que ofician nos mesmos, vai ser publicado nas Edicións Positivas. Semella que algo ben positivo tirou o Eduardo deste asunto, unha vez que verá a súa obra publicada xunto da de Lois Pereiro, Allen Ginsberg ou Walt Whitman, entre moitos outros interesantes autores.

Enviamos nesta ocasión públicos parabéns tanto ao poeta canto ao editor, que polo que se ve cumpre con rigor o seu cometido de estar atento ao que merece ser publicado nun proxecto editorial con criterio propio e sentido da oportunidade.

Share