• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Parabéns para Agustín Fernández Paz!

Vimos de celebrar a noticia que o amigo Martin Pawley nos comunica, e que xa consta en nota de prensa do Ministerio de Cultura: “Agustín Fernández Paz, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil – La obra galardonada es O único que queda é o amor.

Referenciamos aquí os posts dedicados a este autor e á obra galardoada n’ O levantador de minas:Agustín Fernández Paz: entrevista e avance editorial; I Xornadas Virtuais de Literatura da AELG; O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz; Presentación d’ O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz.

E lembramos o vaticinio que a visionaria Tati Mancebo formulou sobre este libro: “Augurámoslle un grandísimo éxito a este libro, tanto de crítica como de vendas, o que significa, que haberá moitas, moitas persoas que gostarán das historias, que se sentirán identificadas, que compartirán sentimentos sen se coñeceren porque ao final, “na vida o único que queda é o amor”.

Os vídeos que realizamos na altura para este blogue foron os seguintes:

Lectura polo autor de Amor de agosto, do libro O único que queda é o amor:

Entrevista realizada por Tati Mancebo:

Entrevista realizada por Óscar Sánchez, con presentación por Laura González Garcés (directora da Biblioteca Nodal d’ A Coruña Miguel González Garcés) e Manuel Bragado (director de Edicións Xerais):

Recomendamos tamén a visualización dos vídeo-relatorios ofrecidos nas I Xornadas Virtuais de Literatura, organizadas pola AELG: Agustín Fernández Paz fala sobre os xérmolos das súas novelas; Ramón Nicolás fala sobre a obra de Agustín Fernández Paz.

Share
Tags :

3 thoughts on “Parabéns para Agustín Fernández Paz!

    • […] O levantador de minas (tres vídeos) […]

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Uma fantástica nova.

      Sem dúvida na Galiza vivemos um momento criativo ou mesmo criativo/divertido que não se lembrava há tempos. Mália as instituições e ainda o desanimo no que a cultura galega semelha viver a gente tira e cria e se associa (e ainda conversa) e parabeniza outros.

      Saúde

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Uma fantástica nova.

      Sem dúvida na Galiza vivemos um momento criativo ou mesmo criativo/divertido que não se lembrava há tempos. Mália as instituições e ainda o desanimo no que a cultura galega semelha viver a gente tira e cria e se associa (e ainda conversa) e parabeniza outros.

      Saúde

Comments are closed.