• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Unha semana entre discos, libros e cinema

Catherine François

Poucas semanas vivimos tan gratamente atarefados como a pasada. Tivemos pola Coruña o Gran Can para gravar e coordinar o disco que tantos agardan do A Coruña Son 2008, en que será incluída unha versión en galego de La misteriosa, esa sublime canción sobre os pescadores galegos que Tati Mancebo e máis eu tivemos o atrevemento de traducir. Puidemos tamén saudar o Tonhito de Poi, orgulloso da colaboración de Auserón facéndolle voces na súa peza, unha maravilla de arte e sentimento que logo poderá ser desfrutada xunto coas outras do Certame.

Gozamos tamén da conversa elegante e mesurada de Catherine François, unha escritora que nos presenteou cunha narrativa que non poderemos esquecer e da que inevitabelmente haberemos de falar con admiración neste blogue.

E, paralelamente, decorría a I Mostra de Ciencia e Cinema 2008, na que o compañeiro Martin Pawley tiña tanto a ver e na que o noso común cánido amigo cumpría a conciencia como xurado.

Polo camiño gravamos uns minutos da promoción na Fnac do mestre cantor relativa ás súas cancións coa Original Jazz Orquestra do Taller de Músics de Barcelona, nos que aproveita para expresar o seu convencemento sobre a existencia inequívoca na Galiza dunha vaga creativa moi relevante no ámbito da canción popular.

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/4l0cIbAZgtw" width="320" height="240" wmode="transparent" /]