“esca e pedra”, os materiais esenciais de Eduardo Estévez
Eduardo Estévez defende un novo primitivismo? Pretende emular os ancestros cavernícolas no ámbito dixital? Talvez lembrarnos que a poesía se elabora con materiais esenciais da experiencia vital, e que esta está vinculada, desde un plano de especial sensibilidade, cos traballos mundanos, coas necesidades básicas de aquecerse e alimentarse. Albergado no espazo virtual culturagalega.org, esca e pedra é un proxecto que presenta a elaboración dun poema cada semana a partir dun tema surxido aleatoriamente: «Cada semana accedo á galipedia, premo en “páxina aleatoria” e a partir do artigo que saia, escribo un poema. Así trinta veces. Trinta semanas. Trinta poemas.»
Esta tarde, por outra parte, terei a honra de participar nunha sesión do obradoiro literario que o poeta dirixe en Fene.
1 thought on ““esca e pedra”, os materiais esenciais de Eduardo Estévez”
Comments are closed.
[…] O levantador de minas A literatura, as súas ramas e as súas raíces. Outros sentidos. Skip to content *Caixa de correo*Os levantadoresErnesto Vázquez SouzaAlfredo FerreiroFrançois DavóJosé António LozanoPedro CasteleiroRamiro TorresTati ManceboSuso PensadoLigazóns « “esca e pedra”, os materiais esenciais de Eduardo Estévez […]