O disco do A Coruña Son preséntase no Culturgal
Este venres 5, no stand da Concellaría de Cultura da Coruña no Culturgal (Palexco, A Coruña), Tati Mancebo, como directora do obradoiro, acompañará na presentación (12:30) do agardado disco á concelleira María Xosé Bravo e á cantante María Xosé Silvar (Chámalle Xis). O disco será ofrecido de balde no stand da Concellaría desde mañá mesmo.
Na Radio Galega haberá a apartir de mañá audicións e entrevistas. Proximamente será anunciada a edición do obradoiro A Coruña Son de 2009, e poderán baixarse libremente as cancións do certame que aparecen no disco. Aquí podedes escoitar as cancións na versión inicial:
NAT: Nunca te quixen. Canción de autor.
PABLO DÍAZ: O moucho. Novo folk.
CHÁMALLE XIS: Canto aquí, canto onde me peta. Son galego.
IRIA PINHEIRO: Violoncello. Cabaret-art.
MR. CARÁCTER: Xabarín-manía. Rock galego.
CHUS: A lagoa dos soños. Pop psicodélico.
O SONORO MAXÍN: A rúa do perigo. Reggae atlántico.
TONHITO DE POI: Mariñeira. Rock galego.
D-LAXE: Túas mans. Trip-hop atlántico.
A MISTERIOSA: Santiago Auserón. (Versión galega de “La misteriosa”, con tradución de Tati Mancebo e Alfredo Ferreiro).
Merece moito a pena ler a valoración que do obradoiro fixo Santiago Auserón (director musical) cando tivo que anunciar o ditame.
A. F.
3 thoughts on “O disco do A Coruña Son preséntase no Culturgal”
Comments are closed.
[…] rematar, fágome eco seguindo ao levantador de minas, da presentación nesta feira do Obradoiro A Coruña Son, do que poderemos mercar o disco dos temas […]
O disco do obradoiro “A Coruña Son” preséntase no Cultur.gal…
O venres 5 de decembro ás 12:30 no stand da Concellaría de Cultura da Coruña no Culturgal (Palexco, A Coruña) preséntase o disco do obradoiro “A Coruña Son”, que tivo como director musical a Santiago Auserón. O disco será ofrecido de balde no…
O disco do obradoiro “A Coruña Son” preséntase no Cultur.gal…
O venres 5 de decembro ás 12:30 no stand da Concellaría de Cultura da Coruña no Culturgal (Palexco, A Coruña) preséntase o disco do obradoiro “A Coruña Son”, que tivo como director musical a Santiago Auserón. O disco será ofrecido de balde no…