As cidades imaxinarias, de Xabier P. DoCampo
Nun momento en que, polas circunstancias do mundo que ocupamos, debemos aspirar a soños moi altos, aparece O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. Docampo e Xosé Cobas.
Do mesmo modo que acertamos plenamente coas nosas previsións sobre O último que queda é o amor, augurámoslle a O libro das viaxes imaxinarias o destino que só pode ter un libro redondo, un libro que, como todos os grandes, crea un mundo e convida a habitalo.
Un dos seus maiores logros, e non será trasladábel a outras linguas mais ese é o noso privilexio, radica na mestría de DoCampo para levar o lector a unha regresión, a un estado de graza en que pode percibir como propio un mundo aparentemente tan alleo, inzado de mecanismos e seres marabillosos, a través da lingua: léxico, sintaxe, fraseoloxía, connotación… Todo soa tan absolutamente galego que podemos reconstruír ese mundo no noso pensamento coas nosas referencias máis profundas. As cidades imaxinarias está entre eses, entre eses grandes libros da nosa literatura, os que farán Historia, tendendo xentilmente a súa man ao acaso.
Longa vida ás Cidades imaxinarias.
T. M.
Nota: recomendamos a lectura da crítica O libro das viaxes imaxinarias: pide que o camiño sexa longo, de Martin Pawley, quen tamén o conseguiu gravar o escritor a ler a obra.
6 thoughts on “As cidades imaxinarias, de Xabier P. DoCampo”
Comments are closed.
[…] literatura infantil e xuvenil gañou Xabier P. DoCampo, un amigo que o ano pasado apostou por un libro de xénero híbrido entre o narrativo e o poético, en paralelo ás ilustracións de Xosé Cobas, entre o figurativo e o abstracto, entre o realista […]

Veño de premiar este blogue co premio Dardos, por se gostades de seguir a rolda. 😉
Veño de premiar este blogue co premio Dardos, por se gostades de seguir a rolda. 😉
Veño de premiar este blogue co premio Dardos, por se gostades de seguir a rolda. 😉
[…] crítica de Tati Mancebo By xerais Tati Macebo publica no blog «O levantador de minas» unha crítica sobre O libro das viaxes imaxinarias, a aclamada obra de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas. […]