• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Nacho Taibo, un home con “exceso de imaxinación”?

«Nacho Taibo: […] Se iso puido condicionar unha certa marxinalidade, non teño resposta. A pregunta de qué pasaba comigo, e por que, aínda a penso, pero son incapaz de crer que por escribir cousas que acaso estean fóra de lugar, en ningún caso ofensivas, che poidan facer un baleiro. E hóuboo. Durante moito tempo estiven disposto a admitir que a miña obra representou unha caste de bum entre 1975 e 1980, porque non había moito máis, e cando nos normalizamos, simplemente foi marxinada. Pero segue habendo cousas que non entendo, puntadas descontinuas. Salvador de Occidente foi finalista do Premio Xerais e alguén dixo que non valía porque xa se presentara a outro premio, e era mentira… É certo que non son un autor comercial, pero ás veces penso que estou nunha lista negra, sen saber quen a fixo.

Óscar Iglesias: Volvendo ao relato, tampouco é que daquela desfrutase da mellor consideración editorial.

NT: A crítica sae por todas partes… Supoñendo que Anxo Tarrío sexa un crítico, e non un logreiro, por exemplo, unha vez dixo que eu non dominaba a técnica da novela, pero que era bo facendo contos, e que era un gran poeta. Eu nunca fun poeta.

[…]

OI: Falando do ensino, hai uns anos dixo que en galego se prescribían libros “moi suaviños”.

NT: Naquela época, a venda comercial condicionaba seriamente a narrativa galega, pero penso que xa non é así. Agora publícanse cousas máis conflitivas, fóra do que é moda, que non están orientadas cara ao ensino. Pero a situación do galego, e do ensino, é outro tema.

OI: Cre que a utilización política do idioma acabará encetando a fractura social?

NT: A fractura social témola diante, é a fractura da convivencia política. A violencia verbal e a utilización da mentira máis obvia nunca foi tan visible como nas pasadas eleccións. Xulgando só os feitos, non é difícil pensar nunha caste de conspiración: unha plataforma mínima, o sector vazquista do PSOE, que lle fixo a cama a Touriño, La Voz de Galicia e ata os que permitiron que o mapa sociolingüístico da RAG se coñecese demasiado tarde.»

É realmente interesante a entrevista publicada por Óscar Iglesias hoxe en El País a este home con certeza singular. Eu coñecino no Culturgal de decembro pasado, cando tiven ocasión de gravalo en vídeo para AELG. Nesa pequena intervención describe o proxecto dunha obra que, unha vez damos por finalizada a gravación, recoñece ante os meus atónitos ollos que viña de improvisar. E cun sorriso rubrica que tal afirmación o compromete e que supón a revelación dunha empresa que nin el mesmo coñecía.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/i6k8Sl0GJdQ" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Share

1 thought on “Nacho Taibo, un home con “exceso de imaxinación”?

    • Author gravatarAuthor gravatar

      É interesante a seguinte opinión:
      e amais é imposible establecer correntes a partir da nova narrativa.
      Os intentos que houbo de clasificar esas hipotéticas correntes resultaron sempre moi inconsistente e de feito non cuallaron. As mais das veces reducece a unha clasificación por edade, xeneracional, ou polo subxénero. Ou os estudosos da literatura galega andan un pouco disolutos polas paraxes da teoría ou somos un caso moi extraño que non produce obras senón mónadas literarias.

Comments are closed.