Construcións, de Eduardo Estévez
ela ía pola rúa deserta
mirando como a súa sombra
se transformaba
nas irregularidades da parede
co paso de cada farol
ela ía deserta pola rúa
e a súa sombra miraba como a cada
paso
a cada farol
ela se transformaba adaptándose
ao mundo
irreal
Encontros, desencontros, desexos, relacións e sentimentos intuídos através de xestos e ollares acumulados en situacións cotidianas e no entanto fulcrais. Accións, pasos dados ou omitidos a que as necesidades sentimentais nos conducen. Construcións é un poemario que nos fai vagar polos camiños de ferro do corazón, esa viaxe irrenunciábel da vida revalidándose unha e outra vez. As experiencias que aquí se apresentan semellan marcadas a lume en incógnitos mapas sentimentais, vidas referenciadas por rúas e estradas que se cruzan e se afastan. Que somos todos senón viaxeiros conducidos polas inexorábeis paixóns que enchen un vello saco de experiencia vital?
Este libro é finalista dos premios AELG, a coñecer o próximo 9 de maio na Cea das Letras, depois de que un polémico furacán o erguese a un falso podio e logo se albergase nun positivo proxecto editorial. Agora o libro naceu e a el ningunha débeda será reclamada. Antes seu pai lle debe o alento que o libro no autor fai nacer.
1 thought on “Construcións, de Eduardo Estévez”
Comments are closed.
[…] a alegría polos premiados outros nominados daquela noite. Eduardo Estévez, polo seu poemario Construcións, e María Isabel García Fernández, pola tradución d’ O xiro […]