• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Metal central, de Alfredo Ferreiro

Metal central, de Alfredo Ferreiro«Con materias e substancias da condición mineral da existencia e coa mecánica fabril da poesía das profundidades construíu o poeta Alfredo Ferreiro, Alfredo —ferreiro—, un libro de rexistro singular, non asimilábel á norma de ningunha das poéticas vixentes no actual panorama da poesía galega. Metal central contén a experiencia do autor en oficio de condición transitoria —o de obreiro dunha factoría siderúrxica— que, malia o seu efémero carácter, deixou no corpo unha impronta decisiva, de valor iniciático (“aquí gravei no brazo unha espiga / símbolo do clan”), e na memoria varios estratos de fundamental experiencia. A espiga foi cicatriz da ferida azarosa e traidora, amósega durísima do ferro ardente. A lembranza, un pouso magnífico de significación vital resolta en escrita poética de moitos graos de intensidade. Poesía da experiencia trascendida que supera toda incitación de discursividade narrativa e de referente anecdótico e opta polo discurso da indagación simbólica e da ollada de focalización expresionista. […]» (Xosé Mª Álvarez Cáccamo, no prólogo “Poesía do sector da densidade”)

Teño que agradecer a Maribel Úbeda, artista polifacética chegada das inspiradoras terras do antigo reino de Almutasín, o fermoso vídeo elaborado para a ocasión:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/1blEb4aEhiU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Share

43 thoughts on “Metal central, de Alfredo Ferreiro

    • Author gravatarAuthor gravatar

      NORABOA POLO PREMIO ALFREDO!!

    • Author gravatarAuthor gravatar

      NORABOA POLO PREMIO ALFREDO!!

    • […] enviei a ANT a crítica correspondente ao poemario de Alfredo Ferreiro. Velaquí algúns parágrafos en adianto. Este é o […]

    • […] enviei a ANT a crítica correspondente ao poemario de Alfredo Ferreiro. Velaquí algúns parágrafos en adianto. Este é o […]

    • […] miña amiga Maribel Úbeda, a experta en artes plásticas e audiovisuais que me elaborou o vídeo de promoción de Metal central, está a concursar, dentro de PHOTOESPAÑA, no Concurso  fotográfico  el agua de Madrid. Entre […]

    • […] miña amiga Maribel Úbeda, a experta en artes plásticas e audiovisuais que me elaborou o vídeo de promoción de Metal central, está a concursar, dentro de PHOTOESPAÑA, no Concurso  fotográfico  el agua de Madrid. Entre […]

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Outra para ti e os teus.

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Outra para ti e os teus.

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Que alegria, Alfredo. Uma muito forte aperta.

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Que alegria, Alfredo. Uma muito forte aperta.

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Grazas, señores.

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Grazas, señores.

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Na proxima visita a libraría pescudarei o libro. Noraboa.

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Na proxima visita a libraría pescudarei o libro. Noraboa.

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Parabéns por este livro e o bem interessante vídeo.

      Saúde, amigo.

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Parabéns por este livro e o bem interessante vídeo.

      Saúde, amigo.

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Grazas, compañeiro.

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Grazas, compañeiro.

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Parabéns Alfredo, polo libro e polo magnifico e desacougante booktrailer.

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Parabéns Alfredo, polo libro e polo magnifico e desacougante booktrailer.

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Dedoscomovermes: iso foi o que me comunicaron dous amigos da organización do Pérez Parallé na presentación de Dores Tembrás, iso foi, e aí souben quen non podía asistir. Lamento moito non poder asistir. A ver se nos vemos noutra ocasión.
      Javier, asvangardas e François: grazas amigos, sodes moi amábeis. Hoxe souben que xa podemos confirmar o día 29 na Sargadelos da Coruña para a presentación. E contaremos coa presenza do Pepe Cáccamo, un artista do discurso crítico.

      Noraboa, amigo Alfredo. Sempre fun un defensor dese libro teu, desde a primeira copia que tiven o gosto de descubrir. E gostarei de telo nas mans xa editado nunha colección tan familiar para min.

      Fabulosa a presentación e o libro ten unha marabillosa pinta. Síntome orgullosa e feliz por ti. Se é posible alí estaremos para a presentación. Bicos.
      Pilar e Roxe

      O fillo, a árbore, o libro… e agora que? Pois máis fillos (que xa hai), máis árbores (que xa houbo, e a medias) e máis libros, máis, e sen tanto tempo entre eles… o dito, que ben!

      será será, o dia 9, mas coincide com esse acto multitudinário ao que estades nominada a metade da poetada blogomílhica…

    • Author gravatarAuthor gravatar

      será será, o dia 9, mas coincide com esse acto multitudinário ao que estades nominada a metade da poetada blogomílhica…

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Fico agradecido polas vosas cordiais palabras.
      Da presentación do de Dores, a quen coñezo há anos, se cadra tantos como ela ten, tomei unhas imaxes que en breve mostrarei neste blogue.
      Dedoscomovermes: o teu libro premiado creo que vén de ser apresentado en Fene, non? Non puiden asistir, cousa que lamento.

      …junto com o de dores tembrás, por certo…

    • Author gravatarAuthor gravatar

      …junto com o de dores tembrás, por certo…

    • Author gravatarAuthor gravatar

      e seria eu a primeira compradora? tenho-o (sem ler) desde o sábado…
      parabéns!

    • Author gravatarAuthor gravatar

      e seria eu a primeira compradora? tenho-o (sem ler) desde o sábado…
      parabéns!

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Parabéns e graças, por uma meditação tão matemática, por esta música engendrada no coração do Hades -no coração descoroçoado das nossas cidades.

      Abraços de um ex-companheiro da siderometalurgia.

      Fantastisch! Enorm! Gigantisch!
      (Lyric & Video)
      Mándame o seu móvil ou algo, quero contactar con ela.
      Para ti, bicos@frores, entre dúas viaxes (a Bavaria etc.)
      Heidi
      ps mercarei o libro, cando se presenta?
      Dos meus dous aínda non teño data, nin de FALOU UN QUEIXO de Galaxia, nin de TRES MULLERES DO SEU TEMPO, de Baía.

      Alfredo, parabéns por este poemario, que xa tiven a sorte de ler. Estou segura de que recollerás moitos éxitos con el. Asimesmo quero felicitar á autora do fermoso video. Non deixes de avisar para a presentación.

      beixos
      dores

      noraboa, alfredo. moito nos fixeches agardar por este primeiro libro de poemas en toda regra. estou encantado de verlle a cara. a ver cando me fago cun exemplar. apertas grandes.

Comments are closed.