• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Unha acción literaria molesta

«Na madrugada do 18 de maio, o Grupo Cultural Bolboreta Curda saíu ás rúas de Lugo co propósito de achegar un pouco de arte aos habitantes.

Varios post-it foron colocados en distintas partes da cidade: a meirande parte en farois e edificios abandoados onde toda a xente coloca os seus panfletos de publicidade e propaganda, asi como todo tipo de anuncios dende búsquedas de alugueiro até ofertas de empleo. Tamén foron colocados algúns destes post-it nalgúns bancos e cabinas telefónicas coa esperanza de que a xente se animase a collelos e disfrutar deles.

Os post-it contiñan frases de autores recoñecidos tanto a nivel local como internacional, como por exemplo Uxío Novoneyra, Cortázar, Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Estévez, Marta Dacosta, Neruda, Rosalía de Castro, Xavier Sabater, Méndez Ferrín, Bécquer, Edgardo A.Vigo, María do Cebreiro, Shakespeare, Miguel Brieva, Buda, Miguel González Garcés, Mevlana Jalaluddin Rumi, Mario Regueira, Groucho Marx, Lupe Gómez, Alessandro Baricco, Orhan Pamuk; asi como outros tantos autores menos coñecidos. […]» (Máis en Bolboreta Curda)