• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Auto-entrevista [e coloquio] sobre o libro electrónico

1.-Constituirá o libro electrónico unha parte importante do mercado editorial de aquí a dous anos?

Tati Mancebo: Si, aínda que só fose pola tendencia ascendente da súa presenza no mercado, as estratexias en marcha dos grandes grupos editoriais e a crise tan forte que está a experimentar a industria papeleira (a maior papeleira dos Estados Unidos declarábase en quebra hai aproximadamente dez días), parece que en dous anos o panorama editorial pode mudar substancialmente en favor do libro electrónico.

Calidonia: Si, quen pode negalo?

Mario Regueira: Depende do que entendamos como “mercado”. É indubidábel que medrará cada vez máis, o que está por ver se alguén consegue compatibilizalo de forma intelixente cun modo de negocio rendíbel.

Goretoxo: Que remedio. Se como parece que para a campaña deste nadal o trebello de lectura vai ser o gadget de moda, e como parece tamén, o obxecto literario de evasion (chámalle bestseller, ou fantasia histórica) é unha forma de entretemento obviamente máis sinxela, mais traballada e máis aceptada que o videoxogo (quen falou de contornas de inmersión e non pensou nunha novela que te engancha?), todo parece chamar polo 2010, o Ano da Crise que Non Remata, como o ano da lectura…

2.-Triunfarán os lectores de libros electrónicos como dispositívos habituais entre os lectores?

(Ler completo en Tati Mancebo)

Share