• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Mapeyé – Orquesta Criolla Nacional de Puerto Rico

Varias horas de espera no aeroporto madrileno antes de voar para as Baleares proporcionaron este encontro maravilloso con expertos na improvisación da décima. Nunha pequena conversa con eles, despois de que amenizaran o ambiente da terminal 2, para informalos de que acababa de retransmitilos ao vivo pola Rede, serviume para saber que se dirixían ao IX Festival de Cante de Poetas de Málaga. Ao saberen que era galego inmediatamente louvaron a arte dos nosos regueifeiros, con quen esperaban encontrarse no mesmo festival.

Recomendamos tamén outros espazos recomendados por estes músicos: http://decimania.com/; www.myespace.com/mapeye; http://www.youtube.com/watch?v=VYT-KnI6keQ

Share